O CW SANTIAGO SUBCAMPEON ALEVIN
E CAMPEON BENJAMIN
Este pasado sábado disputouse nas piscinas de riazor na Coruña os campeonatos galegos alevín e benxamín de inverno con unha excelente actuación dos equipos do club waterpolo Santiago, que conseguiron o sub-campionato en categoría alevín, despois de gañar en cuartos ó anfitrión, o waterpolo Coruña por cinco goles a tres, en semifinais o club Marina Ferrol por seis goles a cinco, e caeu derrotado na gran final ante o Náutico de Vigo, non sen loitar e estar en todo momento cerca no marcador para acabar caendo derrotado por sete goles a cinco. Pese a la derrota final, gran actuación dos santiagueses que souberon sobrepoñerse ás baixas e loitaron ata a extenuación conseguindo un magnífico resultado.
CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE INVERNO
CUARTOS DE FINAL CW CORUÑA – CW SANTIAGO 3 – 5
SEMIFINALES CW SANTIAGO – CM FERROL 6 – 5
FINAL CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 5 – 7
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO, NOA VIEITES, MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, IAGO PEREZ, AIRAS CAAMAÑO, GABRIEL ULOD, GONZALO DE LA MATA.
Pola súa parte tamén disputaron o seu campionato de inverno os máis pequenos do club,os nosos benxamíns. Os santiagueses presentábanse con dous equipos dada a cantidade de xogadores de base e que iniciaron este ano os adestramentos cos santiagueses. Gran actuación de ambos conxuntos que se enfrentaban a dous equipos de Pontevedra tamén. O equipo A santiagués gañou sen problemas ó equipo B pontevedrés, ó que venceu por un claro oito a cero na primeira semifinal e dáballe o pase a gran final da tarde. Pola súa parte o equipo B santiagués deu a sorpresa ó vencer o equipo A de Pontevedra, nun duelo non apto para cardíacos que caeu para os santiagueses na morte súbita, despois de chegar a final do encontro con empate a dous. Xogouse unha prórroga donde os santiagueses conseguiron marcar e finalizar gañando o encontro que lles daba o pase a final, e un enfrentamento entre os dous equipos santiagueses.
Xa pola tarde a gran final caeu do lado do equipo A santiagués que venceu por un cómodo dez a cero a un equipo B santiagués que notou o gran esforzo realizado na semifinal. Aínda así, magnífico resultado para os santiagueses, que da conta do gran traballo que se está realizando na canteira compostelana.















CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN DE INVERNO
1º SEMIFINAL CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA B 8 – 0
2º SEMIFINAL CW PONTEVEDRA A – CW SANTIAGO B 2 – 3
FINAL CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B 10 – 0
CW SANTIAGO “A”: MARTIN BARREIRO, ISAAC PAPIN, SOFIA UZAL, IVAN VIEITES, GAEL CAAMAÑO, LUCAS VAZQUEZ, ANDREA GONZALEZ
CW SANTIAGO “B”: XURXO CARRACEDO, ENZO MERA, DANIEL SUAREZ, THIAGO SANCHEZ, RODRIGO CONSEIL, CARMELA BARREIRO, XIANA CARBALLO, DANIEL HERNANDEZ
