CONVOCATORIA CTO. INFANTIL VERÁN

CAMPIONATO GALEGO
INFANTIL MIXTO VERÁN

rober_o

Dia: DOMINGO 17 DE XUÑO DE 2018
10h CM FERROL – CW SANTIAGO
11.40h CW ONTEVEDRA – CW SANTIAGO
16h.- 5º e 6º POSTO
17.15H.- 3º e 4º POSTO
18.30.- 1º e 2º POSTO
Piscina: JAVIER GOMEZ NOYA – FERROL
Saída: DOMINGO 17 Ás 8.15H EN COCHE

XOGADORES CONVOCADOS

  1. ROBERTO CARRO
  2. CARLOS ORDOÑEZ
  3. ANGEL RODRIGUEZ
  4. HENOK MARTINEZ
  5. FERNANDO FERRER
  6. UXIA SANLUIS
  7. MIGUEL BARCA
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. YAGO DIAZ
  10. ANTONIO GARCIA
  11. ANXO PANERO
  12. JESUS PEREZ
  13. MATEO LAMAS

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) e 10 EUROS PARA O PAGO DA COMIDA

patrocinadores

CTO GALEGO ALEVIN DE VERÁN

SEGUNDO, SEXTO E SEPTIMO POSTO DOS ALEVINES

Logo Rana

Gran actuación dos nosos alevines no Campionato Galego de Verán celebrado este pasado sábado día nove en Pontevedra e onde o Club Waterpolo Santiago desprazar con tres equipos, o alevín A formado por xogadores de ultimo ano, o B formado na súa maioría por xogadores benjamines co reforzo dalgúns alevines de segundo ano e por primeira vez na historia do club tamén participou un equipo composto só por mozas que sen dúbida foi o equipo que mais atención provoco no campionato e que aínda que coa falta de experiencia dalgunhas delas fixeron un magnifico campionato pese a quedar en ultimo lugar.
O campionato empezou co noso equipo B que se enfrontaba a Club Natación Coruña, que se resolveu con vitoria para os coruñeses por un claro nove a tres, e no que o físico dos coruñeses decantaron o resultado malia momentos de bo xogo por parte dos nosos xogadores.
Seguidamente tocáballe debutar por primeira vez na historia dun campionato alevín a un equipo feminino de Santiago no seu partido de cuartos de final, o rival Pontevedra, magnifico partido das nosas mozas, na súa maioría benjamín e con dúas alevines que lles puxo moi difícil as cousas aos locais que a metade de partido vencían só por un a cero e que daban unha gran imaxe defensiva intentando ata dar a sorpresa, pero a maior experiencia dos locais acabou dándolle a vitoria por un resultado final de sete a un.
O seguinte encontro en disputarse foi o terceiro cuarto de final onde entraba en escena o noso equipo A que disputaba o seu partido ante o Club Mariña Ferrol, e onde o noso equipo acabou levándose a vitoria por un resultado de cinco goles a tres no partido mais igualado do campionato, cheo de emoción ata ao final e que lle daba o paso a semifinais.
A xornada continuo coa disputa do duelo entre as nosas mozas do Santiago feminino e o Club Mariña Ferrol que dilucidaban quen dos dous xogaría o quinto e sexto posto do campionato ante o equipo B de Santiago, e como no seu primeiro partido nosas chico conseguían chegar con opcións ao descanso, pero a falta de cambios notar en demasía acabando o resultado con vitoria ferrolana por trece goles a cero, que pese ao abultado do resultado non empaña a gran imaxe dada polas nosas mozas.
Logo da primeira semifinal disputada entre RCN de Vigo e CN Coruña con vitoria para os grandes favoritos, os vigueses que venceron por seis goles a un tocáballe ao noso alevín A disputar a semifinal ante Pontevedra nun partido resolto para os santiagueses por un claro sete a cero que lles daba o pase á final e como mínimo repetir tanto a clasificación do campionato de inverno e da liga galega.
Pola tarde celebráronse os partido polos postos, onde o noso equipo B enfrontábase a Ferrol polo quinto posto, e pese ás ganas e por momentos bo xogo dos nosos vitoria clara dos ferrolanos que lles daba o quinto posto e o sexto a Santiago B.
Para rematar cumpriuse o que se esperaba na final, onde pese á loita, esforzo e ganas dos santiagueses o Náutico de Vigo fíxose co campionato por un claro sete a cero que non quita merito aos nosos alevines que continúan co seu traballo diario para mellorar e que tiveron recompénsaa do subcampeonato.

alevinesA

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE VERÁN

CUARTOS DE FINAL CW SANTIAGO B CN CORUÑA 3 – 9
CW SANTIAGO FEM. CW PONTEVEDRA 1 – 7
CW SANTIAGO A ? CM FERROL 5 – 3

SEMIFINAIS 5º-7º CW SANTIAGO FEM. CM FERROL 0 – 13

SEMIFINAIS 1º-4º RCN DE VIGO CN CORUÑA 6-1
CW PONTEVEDRA CW SANTIAGO A 0-7.

5º E 6º LUGAR CW SANTIAGO B CM FERROL 2-12
3º E 4º LUGAR CW PONTEVEDRA CN CORUÑA 3-12
FINAL RCN DE VIGO CW SANTIAGO A 7-0.

 

CLASIFICACION FINAL

1º.- RCN DE VIGO
2º.- CW SANTIAGO A
3º.- CN CORUÑA
4º. – CW PONTEVEDRA
5º.- CM FERROL
6º.- CW SANTIAGO B
7º.- CW SANTIAGO FEMININO

 

alevinesB

CW SANTIAGO A: MATEO LAMAS, CARLOS RODRIGUEZ, IAGO FERNANDEZ, RAUL SEOANE, JESUS PEREZ, YAGO DIAZ, MIGUEL BARCA, ALEXANDRE GONZALEZ, LUCAS GARCIA, MARCO FERNANDEZ

photo_2018-06-12_16-52-30

CW SANTIAGO B: MAGIN LOPEZ, GUILLERMO CARRILLO, MIGUEL PALACIOS, NICOLAS COLLAZO, PEDRO RUBAL, MANUEL JOSE RUBIAL, BIEITO CARBALLO, ALEJANDRO GREGO, CARLOS AMIGO, MARIO CALZADILLA.

alevines_femenino

CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, EREA VIDAL, UXIA SANLUIS, SARAY GUILBERT, CARLA DIAZ, ARIANA COLLAZO, CANDELA RUBAL.

patrocinadores

CONVOCATORIA CAMPIONATO GALEGO ALEVIN

CAMPIONATO  ALEVIN  VERÁN

12271638286_8c1a956653_o

Partido:      CAMPIONATO GALEGO DE VERÁN
Categoria:   ALEVIN
Día:                SABADO 9 DE XUÑO
Hora:             12:15 H
Piscina :       CGTD PONTEVEDRA
Saída:            BUS 10h DESDE SANTA ISABEL

XOGADORAS CONVOCADOS “EQUIPO FEMENINO”

  1. EVA CALZADILLA
  2. SARAY GUILBERT
  3. CARLA DIAZ
  4. EREA VIDAL
  5. CANDELA RUBAL
  6. UXIA SANLUIS
  7. ARIANA COLLAZO

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 15 EUROS PARA A COMIDA E O AUTOBUS

patrocinadores

CONVOCATORIA CAMPIONATO GALEGO ALEVIN

CAMPIONATO  ALEVIN  VERÁN

12178517253_f190a3cdc9_o

Partido:      CAMPIONATO GALEGO DE VERÁN
Categoria:   ALEVIN
Día:                SABADO 9 DE XUÑO
Hora:             11:30 H
Piscina :       CGTD PONTEVEDRA
Saída:            BUS 10h DESDE SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS EQUIPO “B”

  1. MAGIN LOPEZ
  2. BIEITO CARBALLO
  3. MIGUEL PALACIOS
  4. CARLOS AMIGO
  5. NICOLAS COLLAZO
  6. ALEJANDRO CREGO
  7. PEDRO RUBAL
  8. MARIO CALZADILLA
  9. GUILLERMO CARRILLO
  10. MANUEL JOSE RUBIAL

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 15 EUROS PARA A COMIDA E O AUTOBUS

patrocinadores

CAMPUS DE WATERPOLO

CAMPUS DE WATERPOLO SANTIAGO 2018

portada

CAMPUS WATERPOLO 2018
Divírtete cos teus amig@os aprendendo a xogar ao Waterpolo
Para nen@os entre 6 e 16 anos
(Faránse os grupos por idades)

CAMPUS WATERPOLO 2018 enlace para descargar *pdf

CONVOCATORIA INFANTIL MIXTO

CN CORUÑA vs CW SANTIAGO

20160514_171231

Partido :    CN CORUÑA – CW SANTIAGO
Categoria: INFANTIL MIXTO
Dia:             XOVES 17 DE MAIO DE 2018
Hora:          11.45H
Piscina :     INEF CORUÑA
Saida:         9 H EN BUS DENDE STA.ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. ROBERTO CARRO
  2. CARLOS ORDOÑEZ
  3. ANGEL RODRIGUEZ
  4. MARTIN ZAS
  5. FERNANDO FERRER
  6. UXIA SANLUIS
  7. MIGUEL BARCA
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. YAGO DIAZ
  10. ANTONIO GARCIA
  11. ANXO PANERO
  12. HENOK MARTINEZ
  13. JESUS PEREZ

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA)
E 10 EUROS PARA O PAGO DO BUS

patrocinadores

CONVOCATORIA ALEVIN

CN CORUÑA vs CWSANTIAGO “B”

20160514_171445

Partido:         CN CORUÑA- CWSANTIAGO B
Categoria:   ALEVIN
Día:                XOVES 17 DE MAIO
Hora:            10.45H
Piscina:        INEF CORUÑA
Saída:            9.00H EN SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS EQUIPO “B”

  1. MAGIN LOPEZ
  2. SARAY GUILBERT
  3. MIGUEL PALACIOS
  4. CARLOS AMIGO
  5. NICOLAS COLLAZO
  6. ALEJANDRO CREGO
  7. IRENA ORDOÑEZ
  8. CARLA DIAZ
  9. GUILLERMO CARRILLO
  10. MANUEL JESUS RUBIAL
  11. BIEITO CARBALLO
  12. ARIANA COLLAZO
  13. CANDELA RUBAL
  14. PEDRO RUBAL

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR OU D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO VOS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA OU AUTOBUS

patrocinadores

CONVOCATORIA CADETE

Club Waterpolo Santiago
vs
Asoc. Coruñesa de Waterpolo

002

Partido:           CW SANTIAGO – ACW
Categoria:       CADETE
Dia:                    SABADO 5 DE MAIO DE 2018
Hora:                18.45H
Piscina :           SANTA ISABEL
Convocados:   17.45 H CAMBIADOS

XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTIAGO ESTURAO
  4. CARLOS ORDOÑEZ
  5. FERNANDO FERRER
  6. ALEX GOMEZ
  7. IAGO DIAZ
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. JORGE GOMEZ
  10. ANTONIO MALLO
  11. ANTONIO GARCIA
  12. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)

patrocinadores

CRONICA 3º PARTIDO PLAY OFF

O CW SANTIAGO SUBCAMPEON
DA LIGA GALEGA ABSOLUTA

rana_logo

 

     O Club Waterpolo Santiago proclamouse subcampeón da Liga Galega Absoluta de 1ª División logo de caer derrotado nos penaltis polo Club Waterpolo Pontevedra no terceiro e definitivo partido do play off. Como nos dous anteriores encontros disputados o partido foi de poder a poder, sempre os santiagueses por diante no marcador, pero con mínimas diferenzas. Un primeiro cuarto no que os locais saíron moi intensos deu vantaxe de goles cunha magnífica defensa deulles vantaxe de dous goles ( tres a un) que parecía que empezaba a decantar o resultado, pero nada lonxe da realidade os visitantes recompuxéronse e conseguiron chegar ao descanso só un gol abaixo ( seis a cinco), de aí ao final loita intensa na pileta, pero sempre por diante os santiagueses que chegaron ao final do terceiro cuarto un gol arriba ( dez a nove) que deixaba o título por decidir para o último cuarto, un gol dos locais poñía dous goles de diferenza ao comezo do último cuarto, os visitantes non cejaron no empeño e dous erros no último minuto e medio dos locais puxeron o empate a once a falta de vinte e oito segundos, os locais tiveron unha última opción de superioridade pero unha mala decisión en ataque a falta de seis segundos deu posesión aos visitantes que tiveron a oportunidade nun último lanzamento que parou o porteiro local.
Empate e tanda de penaltis e aí foron mellores os visitantes que se levaron a tanda por catro goles a un. Felicitar a ambos equipos pola gran final disputada e enhorabuena aos campións.

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
12 – 15
(3-1; 3-4; 4-4; 1-2)
Penaltis 1-4

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO, PABLO CHICO, DAMIAN ANTELO (1), LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

patrocinadores

 

CRONICA LIGA ABSOLUTA

O CW SANTIAGO EMPATA
A FINAL DE PRIMEIRA DIVISION
2º PARTIDO PLAY OFF

Imagen1

    O Club Waterpolo Santiago empató este pasado sábado a final da Liga Galega Absoluta de primeira División logo de vencer por once goles a dez ao Club Waterpolo Pontevedra. Segundo partido da final do play off e segundo partido decidido pola mínima despois un partido no que os locais conseguiron aguantar a presión de ter que gañar para empatar a eliminatoria. A diferenza do primeiro partido o segundo comezou con moita máis claridade en ataque por ambos equipos e nun primeiro cuarto no que se vía que os dous equipos querían a vitoria a maior claridade en ataque dos visitantes púxoos por diante cun dous a tres favorable. O segundo cuarto foi o parcial que ao cabo decidiu o encontro cunha boa defensa dos locais estiraron o parcial a un catro a dous que os poñía por diante ao descanso cun seis a cinco con todo por decidir. O arranque do terceiro cuarto parecía definitivo para os locais que estiraron o marcador a unha vantaxe de tres goles para os locais (oito a cinco e nove a seis), pero os visitantes non deron o seu brazo a torcer e conseguiron chegar ao final do mesmo só un gol abaixo que deixaba todo por decidir no último e definitivo cuarto, que comezou do peor xeito posible xa que os visitantes conseguiron igualar por dúas veces no marcador ata colocar no luminoso un dez a dez a falta de dous minutos e medio para finalizar o encontro, pero na xogada posterior unha xogada en superioridade dos locais poñía outra vez por diante aos locais co definitivo once a dez e que daba o empate na eliminatoria que se decidirá o vindeiro sábado día vinte e oito ás dezaoito corenta e cinco outra vez na piscina de Santa Isabel.

 

PLAY OFF FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION 2º PARTIDO

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
11 – 10
(2-3; 4-2; 3-3; 2-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (2), BRUNO SAMPAÑO, BRUNO MARTINS (1), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), ALEJANDRO PADILLA, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA (1), PABLO CHICO

rana_logo

     Como antesala ao partido de play off houbo tamén dous partidos das ligas galegas de categorías ante Natación Coruña con vitoria pola mínima en categoría alevín e derrota en categoría infantil. En categoría alevín os santiagueses obtiveron a vitoria por dez goles a nove logo dun partido moi igualado que se decidiu no último cuarto logo dun partido vibrante con diferenzas mínimas no marcador.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

CW SANTIAGO – CN CORUÑA
                    10-9
(1-2; 3-2; 1-1; 0-2; 4-2; 1-0)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ (2), IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ (1), RAUL SEOANE, UXIA SANLUIS (3), YAGO DIAZ (2), ALEX GONZALEZ, LUCAS GARCIA (2), MIGUEL BARCA, EREA VIDAL, MARCO FERNANDEZ.

rana_logo

      En categoría infantil vitoria clara visitante cun resultado final de tres goles a once nun encontro onde os coruñeses xa decidiran o encontro ao descanso ao que se chegou cun resultado dun a seis, aínda así os santiagueses non cejaron no seu empeño por intentar achegarse no marcador pero non puideron ante a superioridade dos visitantes.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – CN CORUÑA
             3 – 11
(0-3; 1-2; 0-1; 1-1; 0-1; 1-3)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1), MATEO LAMAS.

patrocinadores