CRÓNICAS 5 E 6 DE MARZO
QUINTO POSTO NO CADETE DE INVERNO
Este sábado pasado celebrouse no CGTD de Pontevedra o Campionato Galego Cadete de Inverno, coa participación de oito equipos e coa participación dos cadetes do CW Santiago que finalmente conseguiron a quinta praza logo de perder en cuartos de final ante CW Coruña Rías Altas nunha eliminatoria moi igualada que se decidiu no último cuarto onde un parcial dun a tres para os coruñeses deulles a vitoria final por catro goles a sete. A derrota enviaba aos santiagueses á loita pola quinta praza, onde se enfrontaron ao equipo feminino de Ferrol, partido sen historia onde os santiagueses foron moi superiores vencendo por doce goles a un. A vitoria fixo que os santiagueses loitasen pola quinta e sexta praza ante Pontevedra B, partido que desde o inicio foi dominado polos cadetes santiagueses que venceron por un concluínte dez a catro conseguindo unha meritoria quinta praza.
Destacar tamén a participación cedidas de tres das nosas xogadoras (DANIELA PRIETO, SARAY GUILBERT E ARIANA COLLAZO) no equipo de Ferrol feminino o que demostra o gran nivel que están adquirindo as deportistas santiaguesas.
CAMPIONATO GALEGO CADETE
Sábado 5 de Marzo de 2022
Cuartos de final
CW CORUÑA RIAS ALTAS – CW SANTIAGO 7- 4 (1-1; 1-1; 2-1; 3-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (2), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, LUCAS GARCIA, BIEITO CARBALLO GUILLERMO CARRILLO, BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
Semifinal 5º-8º
CM FERROL FEMENINO – CW SANTIAGO 1- 12 (0-5; 0-6; 1-0; 0-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (4), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO (1), IAGO FERNANDEZ (2), LUCAS GARCIA (2), BIEITO CARBALLO (1), GUILLERMO CARRILLO, BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
Puesto 5º-6º
CW PONTEVEDRA B – CW SANTIAGO 4- 10 (1-3; 1-2; 1-4; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (6), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, LUCAS GARCIA, BIEITO CARBALLO, GUILLERMO CARRILLO (1), BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
CRÓNICA 6 DE MARZO VIGO
DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS ANTE NAUTICO DE VIGO
Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago con desprazamento este domingo seis de marzo a Vigo para enfrontarse ao Náutico de Vigo cun balance de dúas vitorias e dúas derrotas.
O encontro máis importante da tarde foi o que enfronto a ambos equipos en categoría absoluta de división de honor, partido decisivo de face ao título de liga xa que ambos conxuntos estaban á fronte da clasificación e o que conseguise a vitoria daba un paso moi importante de face a certificar o título de liga. Encontro dominado desde o inicio polos visitantes que cunha gran defensa e aproveitando as súas opcións en ataque distanciáronse cun parcial dun a tres no primeiro cuarto. Continuo a mesma dinámica no segundo cuarto, cun equipo santiagués defendendo ben aos xogadores locais alcanzo unha renda de catro goles, os locais intentaron reaccionar e conseguiron achegarse a dous goles ao descanso (tres a cinco). O terceiro cuarto os santiagueses conseguiron distanciarse a cinco goles a falta de dous minutos e medio, vantaxe que conseguiron reducir os locais a tres goles, ao final do cuarto. Parecía sentenciado o encontro a falta do último cuarto, pero a intensidade dos locais e as malas decisións en ataque dos compostelanos fixo que perdesen esa vantaxe e os vigueses conseguían empatar a nova a falta dun cincuenta para acabar o encontro, pero un penalti a favor a falta dun minuto trinta volveu colocar aos visitantes por diante no marcador, vantaxe que non perderían grazas ao bo traballo defensivo, levándose unha vitoria merecida que lles coloca por diante dos vigueses na loita polo título.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONOR
Domingo 6 de Marzo de 2022
Cuartos de final
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9- 10 (1-3; 2-2; 3-4; 3-1)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL RAMOS, ANDRES PEREZ, JULIO JOSE BARROSO, ALEJANDRO GOMEZ (7), ANTONIO CAAMAÑO (2), SAMUEL GONZALEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA (1), WILLIAM ABEL LOPEZ

Vitoria tamén do equipo infantil masculino noutro emocionante partido, moi igualado desde o principio pero sempre con vantaxes favorables aos visitantes que conseguiron levarse o encontro por un cinco a seis finais que lles coloca na terceira posición na clasificación.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
Domingo 6 de Marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO MASCULINO 5 – 6 (1-2; 1-1; 1-1; 1-0; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL, ALEXANDRE GONZALEZ (1), GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO (1), RAMON GARCIA, AIRAS CAAMAÑO, GUILLERMO CARRILLO (1), ANTON FAGUNDEZ, SAUL PAPIN, RODRIGO CARRILLO (1), MARIO CALZADILLA
Tamén houbo enfrontamento en categoría absoluta de división de honor feminina con vitoria local por un claro doce a cinco nun partido onde as santiaguesas estiveron pouco acertadas en ataque, aínda que seguen mellorando e traballando conceptos, de face a futuros encontros e sobre todo con gran futuro dun equipo con numerosas xogadoras cadetes e infantís.

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISIÓN DE HONOR
Domingo 6 de marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 13 – 5 (4-0; 3-1; 3-1; 3-3)
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, ISABEL PEREZ (1), LAURA SANLUIS, VICTORIA LANDEIRA (1), DANIELA PRIETO, SORAYA LEARTE (1), CANDELA RUBAL (2), SARAY GUILBERT, SARA IGLESIAS. CECILIA COBAS
Para rematar celebrouse o encontro de segunda división entre os dous equipos B con resultado favorable aos locais por dez a seis. Bo inicio dos visitantes que se puxeron por diante no marcador, pero ante as numerosas baixas do equipo non puido aguantar o ritmo do encontro caendo finalmente derrotados.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º DIVISIÓN
Domingo 6 de Marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 10 – 6 (1-3; 4-0; 4-1; 1-2)
CW SANTIAGO: PABLO MARTINEZ, SEBASTIAN ALTAMIRANO, YAGO DIAZ, ANXO PANERO (1), JESUS MONTOIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (3), JULIO JOSE BARROSO (1), ANTONIO MOSCOSO, IAGO GARABATO
