CAMPIONATO XUVENIL GALEGO

O CLUB WATERPOLO SANTIAGO
TERCEIRO NO XUVENIL GALEGO

Logo Club Wterpolo Santiago

Este pasado sábado celebrouse na piscina militar naval de Marín o Campionato Galego Xuvenil onde o noso equipo tivo unha moi boa participación acabando no terceiro posto logo de disputar a fase de grupos onde cunha vitoria ante Mariña Ferrol e unha derrota ante Waterpolo Pontevedra deulle a opción de disputar o terceiro e cuarto posto, conseguindo a medalla de bronce logo de vencer a Natación Coruña.
A xornada arrincou co partido máis complicado da xornada ante o que ao cabo sería o campión (CW Pontevedra), partido que estivo igualado durante a primeira metade do encontro e que daba opción á sorpresa, aguantado ben cunha boa defensa aos favoritos, pero un mal terceiro cuarto fixo que o pontevedreses escapásense no marcador e que pese á loita dos nosos fose imposible remontar, acabando o encontro cun once a seis favorable aos pontevedreses.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – FASE GRUPOS

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
         11 – 6
(3-2; 2-2:4-1; 2-1)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (1), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (1), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, IAGO GARABATO

DIVISION

O segundo encontro disputárono os santiagueses ante o Club Mariña Ferrol, e logo dun mal comezo con numerosos erros en ataque propicio que os ferrolanos escapásense no marcador cun cero a tres que poñía moi costa arriba o encontro, pero un gran terceiro cuarto cun parcial de catro a cero para os santiagueses púxoos por diante no marcador para acabar levándose o encontro por sete goles a cinco, o que lles daba a opción aos santiagueses de loitar pola medalla de bronce ante Natación Coruña.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – FASE GRUPOS

CW SANTIAGO – CM FERROL
            7 – 5
(0-2; 1-1; 4-0; 2-2)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS, LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (2), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO

DIVISION

Para rematar na xornada de tarde disputouse o partido polo terceiro e cuarto posto ante o xa mencionado Natación Coruña, segundo clasificado do grupo B. O partido comezou con numerosos erros tanto defensivos como ofensivos dos santiagueses na primeira metade do encontro que fixo que os coruñeses distanciásense de ata tres goles de diferenza, pero dous últimos cuartos onde pecharon ben a defensa e aumentaron o acerto en ataque deu o triunfo final aos santiagués por un resultado final de once a nove que lles outorgaba o terceiro posto e a medalla de bronce. Éxito dos nosos deportistas que seguen coa boa dinámica dos equipos santiagueses durante esta tempada.

TERCEIRO E CUARTO POSTO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA
11 – 9
(1-3; 4-5; 3-0; 3-1)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (3), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (3), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (3), ANTONIO MOSCOSO (1), PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO

CLASIFICACION FINAL:

CAMPION CW PONTEVEDRA
SUBCAMPION RCN DE VIGO
TERCEIRO CW SANTIAGO
CUARTO CN CORUÑA
QUINTO CM FERROL

 

patrocinadores

WATERPOLO CTO. GALEGO XUVENIL

CAMPIONATO GALEGO
WATERPOLO XUVENIL

r_2016-06-08_07-03-07

Partido :      CAMPIONATO GALEGO XUVENIL
Categoria:   XUVENIL
Dia:                SABADO 24 DE FEBREIRO DE 2018
Hora:            9.45H CW PONTEVEDRA- CW SANTIAGO
                        12.15H CW SANTIAGO – CM FERROL
Tarde:           Final – 3º/4ª – NON SE XOGA
(DEPENDENDO RESULTADOS MAÑÁ)
Piscina :      PISCINA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARIN
Saida:           COCHES Ás 8.15 H DENDE STA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. MARTIN TORREIRA
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTI ESTURAO
  4. JORGE RODRIGUEZ
  5. GABOR PAZOS
  6. LAURA SANLUIS
  7. ALEX GOMEZ
  8. IVAN VIEITES
  9. ANTONIO MOSCOSO
  10. ANTONIO MALLO
  11. DAMIAN ANTELO
  12. PABLO CHICO
  13. IAGO GARABATO

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE 
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) e 10 EUROS PARA O PAGO DA COMIDA

patrocinadores

CRONICA vs OURENSE

CW SANTIAGO CAMPIÓN DA FASE REGULAR

Logo Club Wterpolo Santiago

   Sábado de alegría parcial para o Club Waterpolo Santiago logo de conseguir na última xornada da Liga Galega Absoluta de primeira División acabar como líder e conseguir un dobre obxectivo, ter o factor campo a favor nos play off e o que é máis importante a praza que había en xogo para volver xogar a fase de ascenso nacional. O rival o último clasificado de liga o CW Ourense, e cun inicio de partido moi activo os santiagueses conseguiron xa no primeiro cuarto adquirir unha vantaxe clara no marcador (cinco a un), que fixo que o resto do partido convertésese nunha pequena festa, con debut dalgún xogador das categorías inferiores e con minutos para todos e gozar do encontro ao que se chego cun marcador final de dezasete goles a sete favorable aos santiagueses

LIGA GALLEGA ABSOLUTA DE 1ªDIVISION

CW SANTIAGO vs CW OURENSE
  17- 7
(5-1; 3-3; 4-1; 5-2)

CW SANTIAGO:
ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (4), BRUNO SAMPAÑO (1), ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (6), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO (2), JORGE RODRIGUEZ, DAMIAN ANTELO, ANTONIO MOSCOSO (1), PABLO CHICO, IAGO GARABATO

DIVISION

Anterior a este partido disputáronse dous máis, un en categoría alevín co duelo fratricida entre os dous equipos “A” e “B” dos santiagueses e no cal os mais pequenos puxeron en verdadeiros aprietos aos maiores que aínda que conseguiron a vitoria, a gran defensa e a intensidade no xogo fixo suar aos máis maiores que gañaron o encontro logo de ir perdendo durante a maior parte. Bo traballo de ambos conxuntos que dan ao club un futuro prometedor.

LIGA GALLEGA ALEVIN

CW SANTIAGO “B” vs CLUB WATERPOLO SANTIAGO “A”
                     2 – 4
(0-0; 0-2; 0-0; 0-0; 0-3; 0-1)

CW SANTIAGO “B”:
MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (1), MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO, NICOLAS COLLAZO, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO, MANUEL J. RUBIAL, BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, PEDRO RUBAL (1), CANDELA RUBAL.

CW SANTIAGO “A”:
MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ, IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ, RAUL SEOANE (1), UXIA SANLUIS, IAGO DIAZ, CARLOTA CALZADILLA, LUCAS GARCIA (2), MIGUEL BARCA (1), EREA VIDAL, MARCO FERNANDEZ

DIVISION

Tamén houbo liga galega cadete, co enfrontamento ante o Club Waterpolo Ourense, partido moi cómodo para o noso equipo e que logo dun parcial inicial de sete a cero que sentenciaba o encontro houbo minutos para os máis novos que conseguiron un resultado final de dezaseis goles a un.

LIGA GALLEGA CADETE

CW SANTIAGO vs CW OURENSE
            16-1
(7-0; 2-0; 5-1; 2-0)

CW SANTIAGO:
IAGO GARABATO (1), CARLOS ORDOÑEZ (1), SANTI ESTURAO (1), ANXO PANERO (1), FERNANDO FERRER (3), ALEX GOMEZ (2), YAGO DIAZ (1),  JORGE GOMEZ (3),  HENOK MARTINEZ (1), ANTONIO GARCIA (2)

patrocinadores

 

 

CRONICA vs PONTEVEDRA

DÚAS VITORIAS, DOUS EMPATES
E UNHA DERROTA EN PONTEVEDRA

Logo rana

     Este pasado sábado disputar unha nova e maratoniana xornada de liga para os equipos do CW Santiago, tocou desprazarse a Pontevedra para xogar cinco partidos das ligas galegas na piscina do CGTD de Pontevedra.
A xornada comezou co prato forte da tarde, o enfrontamento entre os dous primeiros clasificados, da liga galega absoluta de 1ª división. Empatados a quince puntos e que moi probablemente decidise o campión da fase regular, e que como premio obtería a vantaxe de xogar en casa os partidos de desempate nos play off e sobre todo o equipo que accedería á fase de ascenso nacional.

     Comezou o encontro adiantándose os santiagueses… Pero antes de chegar ao final do primeiro cuarto os locais déronlle a volta ao marcador, chegando ao final do primeiro cuarto con vantaxe para os pontevedreses por dous goles a un nun cuarto moi igualado, pero cheo de imprecisións por ambos equipos, o segundo cuarto foi un calco ao primeiro cuarto; mesmo parcial dous a un para os locais que se ían ao descanso con vantaxe de catro goles a dous. No terceiro cuarto seguiu a mesma tónica e cun parcial dun a un entrábase no último cuarto cos locais dous goles arriba que poñía moi costa arriba aos santiagueses o encontro, pero un bo inicio no último cuarto fixo que os visitantes empataran o encontro a cinco a falta de catro minutos e conseguir poñerse ata por diante seis a sete a falta de dous minutos, pero xa entrando no último minuto os de lérez conseguiron empatar o encontro, resultado que aínda servía para ser primeiros aos visitantes, pero un mal ataque, e unha dobre exclusión de dous xogadores visitantes deu a oportunidade aos locais de gañar o encontro pero os santiagueses conseguiron defender a situación e deixar correr o crono ata o final do encontro, que con empate a sete mantiñan a primeira posición na fase regular.

2018-02-05_20-38-23

LIGA GALLEGA ABSOLUTA DE 1ªDIVISION

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   
                7- 7
(2-1; 2-1; 1-1; 2-4)

CW SANTIAGO:
ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (3), ANTONIO CAAMAÑO, DAMIAN ANTELO, ANGEL CARRO,  LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

DIVISION

     Despois do emocionante partido en categoría absoluta, tocoulle a quenda aos nosos alevines, onde o equipo “B” disputaba o seu partido de liga, gran partido o disputado polos máis pequenos (a maioría deles Benxamíns) que durante cinco dos cuartos deron moitos problemas aos locais, pero un último cuarto onde os nosos acusaron o esforzo físico fixo que os pontevedreses distanciásense de catro goles que non reflectiu a igualdade do partido. Gran traballo dos nosos máis peques que seguen dando moitas alegrías.

LIGA GALLEGA ALEVIN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO “B”
9 – 5
(1-1; 0-0; 2-1; 1-1; 2-2; 3-0)

CW SANTIAGO:
MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (1), MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO (2), NICOLAS COLLAZO (2), ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO, BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, MARIO CALZADILLA.


DIVISION

    Seguindo coa maratoniana xornada o terceiro encontro foi en categoría Benxamín, vitoria dos santiagueses por dous a catro nun encontro dominado desde o inicio polos visitantes que se foron cero a dous no primeiro cuarto e soubo manter esa diferenza ata o final do encontro ao que se chegou con vitoria por dúas a catro continuando co seu racha de triunfos nosos máis pequenos pero o que é máis importante co seu gran progresión.

LIGA GALEGA BENXAMÍN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  
          2 – 4
(0-2; 0-0; 2-2; 0-0)

CW SANTIAGO:
MAGIN LOPEZ (1), SARAY GUILBERT (2), MARIO CALZADILLA, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, ALEJANDRO GONZALEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (1)

DIVISION

     O cuarto e penúltimo partido foi en categoría infantil onde os santiagueses enfrontábanse ao equipo B de Pontevedra, partido cómodo para os visitantes que resolveron por un resultado final de dous a oito e onde se produciu o debut de varios xogadores alevines como premio polo gran traballo que están facendo durante toda a tempada.

INF_2018-02-04_14-42-20

LIGA GALEGA INFANTIL

CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO  
                 2 – 8
(0-0; 0-2; 1-1; 0-2; 0-1; 1-2)

CW SANTIAGO:
ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, NICOLAS COLLAZO, FERNANDO FERRER (1), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA (1), SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ (1), ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (4), MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO, MATEO LAMAS

DIVISION

     Para rematar para acabar a xornada disputouse o encontro en categoría cadete ante o equipo B de Pontevedra, onde os santiagueses logo de dominar o encontro claramente durante tres cuartos un último cuarto con moitos erros defensivos propiciou que os locais conseguisen empatar o encontro, aínda que non quita mérito á gran tempada que están realizando os nosos cadetes.

LIGA GALEGA CADETE

CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO  
              7 – 7
(1-2; 0-2; 2-3; 4-0)

CW SANTIAGO:
IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (1), SANTI ESTURAO, FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (6), ANXO PANERO, SAMUEL GONZALEZ, JORGE GOMEZ, OSCAR ALVAREZ, ANGEL RODRIGUEZ, ANTONIO GARCIA

patrocinadores

 

CONVOCATORIA CADETE

CW PONTEVEDRA  vs  CW SANTIAGO

2017-12-16 19-53-58 copy.jpg

Partido:        CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
Categoría:    CADETE
Dia:                 SABADO 3 DE FEBREIRO DE 2017
Hora:             20.15H
Piscina:        CGTD PONTEVEDRA
Saída:            15.h BUS STA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTIAGO ESTURAO
  4. GERMAN BRUZOS
  5. FERNANDO FERRER
  6. ALEX GOMEZ
  7. ANXO PANERO
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. JORGE GOMEZ
  10. ANTONIO MALLO
  11. OSCAR ALVAREZ
  12. MARTIN ZAS

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE 
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) e 10 EUROS PARA O PAGO DO BUS

patrocinadores

CONVOCATORIA INFANTIL

CW PONTEVEDRA “B” vs CW SANTIAGO
waterpolo_01

Partido:       CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO
Categoría:  INFANTIL MIXTO
Dia:              SABADO 3 DE FEBREIRO DE 2018
Hora:          19.15H
Piscina:     CGTD PONTEVEDRA
Saída:         BUS AS 15 H DENDE STA.ISABEL 

XOGADORES CONVOCADOS

  1. ROBERTO CARRO
  2. CARLOS ORDOÑEZ
  3. ANGEL RODRIGUEZ
  4. MARTIN ZAS
  5. FERNANDO FERRER
  6. UXIA SANLUIS
  7. MIGUEL BARCA
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. YAGO DIAZ
  10. ANTONIO GARCIA
  11. ANXO PANERO
  12. JESUS PEREZ
  13. MATEO LAMAS

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) e 10 EUROS PARA O PAGO DO BUS
patrocinadores

CONVOCATORIA ALEVIN “B”

CW PONTEVEDRA vs CW SANTIAGO

R_165675801

 

Partido:         CW PONTEVEDRA- CW SANTIAGO “B”
Categoria:    ALEVIN
Día:                 SABADO 3 DE FEBREIRO
Hora:             18h
Piscina:         CGTD PONTEVEDRA
Saída:            15h EN BUS DESDE SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS EQUIPO “B”

  1. MAGIN LOPEZ
  2. SARAY GUILBERT
  3. MIGUEL PALACIOS
  4. CARLOS AMIGO
  5. NICOLAS COLLAZO
  6. ALEJANDRO CREGO
  7. IRENA ORDOÑEZ
  8. CARLA DIAZ
  9. GUILLERMO CARRILLO
  10. MANUEL JESUS RUBIAL
  11. BIEITO CARBALLO
  12. ARIANA COLLAZO

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA O AUTOBUS

patrocinadores

CONVOCATORIA BENXAMIN

CW PONTEVEDRA vs CW SANTIAGO

01

Partido :       CW PONTEVEDRA-CW SANTIAGO
Categoria:   BENXAMÍN
Día:                SABADO 3 DE FEBREIRO
Hora:            18.45 h
Piscina:       CGTD PONTEVEDRA
Saída:           15h DESDE SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. MAGIN LOPEZ
  2. SARAY GUILBERT
  3. BIEITO CARBALLO
  4. ARIANA COLLAZO
  5. ALEJANDRO CREGO
  6. CARLA DIAZ
  7. IRENA ORDOÑEZ
  8. ALEXANDRE GONZALEZ
  9. GUILLERMO CARRILLO
  10. EVA CALZADILLA
  11. MARIO CALZADILLA

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE 
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA O AUTOBUS

patrocinadores

 

CONVOCATORIA CADETE

Campionato Galego Cadete de Inverno

2017-cadetes

DIA: SABADO 27 e 28 DE XANEIRO DE 2018

SABADO 27:     12.15 h CW SANTIAGO – RCN DE VIGO “A”
                               17.15h CM FERROL – CW SANTIAGO
DOMINGO 28:  ENFRONTAMENTO POR POSICIÓN FINAL
PISCINA :         JAVIER GOMEZ NOYA – FERROL
SAÍDA:               SABADO 27 Ás 11.00 H EN COCHE 

XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTIAGO ESTURAO
  4. GERMAN BRUZOS
  5. FERNANDO FERRER
  6. ALEX GOMEZ
  7. ANXO PANERO
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. ANTONIO GARCIA
  10. ANTONIO MALLO
  11. ANGEL RODRIGUEZ

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL Y 25 EUROS PARA EL PAGO DE LA COMIDA, CENA , DESAYUNO Y ALOJAMIENTO
DEL CAMPEONATO.
patrocinadores

CRONICA ABSOLUTO 1ªDIVISION

IMPORTANTE VITORIA ANTE NATACION CORUÑA

 Logo rana

 

      Primeiro partido do ano e importante vitoria para os absolutos do club waterpolo Santiago, despois do paro do nadal na liga galega absoluta de primeira división. Recibían ao Natación Coruña nas instalacións de Santa Isabel; nun partido trampa ante un rival sempre perigoso, pero que conseguiron sacar adiante de forma clara por un resultado final de doce a tres.
Inicio fallón de ambos equipos no primeiro cuarto, con defensas férreas e desacerto en ataque o que provocou un único gol favorable aos locais que estrearon o marcador a falta de doce segundos para finalizar o cuarto. No segundo parcial os locais afinaron máis a puntería e logo de sacarse os nervios do inicio do encontro, a efectividade en ataque lévoos ao descanso cun seis a dous que empezaba a favorecer o encontro aos locais. O terceiro cuarto do encontro decanto o resultado para os locais que logo dun parcial de tres a cero daba unha vantaxe de sete goles, que se dedicaron a administrar e aumentar máis a vantaxe no último cuarto cun parcial de tres a un que levo o resultado a un claro doce a tres final.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO  – CN CORUÑA
12 – 3
(1-0; 5-2; 3-0; 3-1)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO (2), GABOR PAZOS (1), DAMIAN ANTELO (2), LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, JORGE RODRIGUEZ.
patrocinadores