UNHA VITORIA
E UNHA DERROTA CADETE ANTE ACW
Xornada doble a deste fin de semana para o Club Waterpolo Santiago, despois dos partidos disputados en Santiago ante Waterpolo Coruña, este domingo 30 de outubro, tocou desplazarse a Coruña para disputar dous partidos en categoría cadete ante Asociación Coruñesa de Waterpolo con victoria clara do equipo cadete masculino por sete goles a doce, e derrota do cadete feminino por dezasete goles a nove.
A xornada deu comenzo coa desputa entre o equipo local e o cadete masculino, partido que dominaron durante todo momento os compostelanos, que con unha gran defensa conseguiron distanciarse no marcador cun claro sete a dous no descanso, un mal terceiro cuarto donde os visitantes con numerosos erros defensivos fixeron que os locais soñaran coa remontada, pero de novo a seriedade defensiva dos compostelanos no último cuarto féxolles cerrar o encontro cun resultado final de sete goles a doce.
Seguidamente iniciouse o encontro entre os coruñeses e o cadete femenino, que pese as baixas e a un mal inicio de encontro donde os locais se foron no marcador no primeiro cuarto con unha vantaxa casi insuperable, o noso equipo nunca lle perdeu a cara ó partido e deixou tres parciais igualados. Pese a derrota siguen crecendo as nosas rapazas, que se enfrentan a equipos con maior poderío físico pero que nunca perden o seu afán de loita e mellora, gran obxetivo deste equipo esta tempada.
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
- ACW – CW SANTIAGO FEMENINO 17 – 9 (7-1;2-2; 4-1; 4-5)
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL (2), UXIA UZAL, ARIANA COLLAZO (2), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA (1), CIRA SAMPAYO, ALBA MARIA CASTILLO, CANDELA PEÑA, CARLOTA PEREZ, IRENE PRADA
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
- ACW – CW SANTIAGO 7 – 12 (1-3; 1-4; 4-2; 1-3)
CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (1), PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO (3), ARTAI ANTELO (2), ANTON FAGUNDEZ, BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (5), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN (1), ALEXANDRE GONZALEZ
