CRONICA CAMPIONATO CADETE INVIERNO

O CW SANTIAGO QUINTO NO CAMPIONATO CADETE

cadetes

Esta pasada fin de semana disputouse o Campionato Galego Cadete de inverno coa participación de seis equipos; entre eles o Club Waterpolo Santiago que encuadrouse no grupo B, en dous partidos case iguais onde a falta de acerto cara a portería fixo que caíran claramente nos dous partidos por oito goles a un e por sete goles a dous, o que enviou aos santiagueses á quinta ou sexta plaza ante o natación Coruña.

Na loita pola quinta plaza os santiagueses lograron vencer aos coruñeses por nove goles a sete, despois dun bo partido en defensa e esta vez si acertado en ataque, o que deu a vitoria e finalmente o quinto posto mencionado. Agora só queda traballar para conseguir mellorar cara a vindeiros partidos.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE INVERNO – GRUPO B

CW SANTIAGO – CM FERROL  1 – 8 (0-3; 0-0; 1-4; 0-1)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT, CARLOS ORDOÑEZ, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER, JESUS PEREZ, ANGEL RODRIGUEZ, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO, IAGO GARABATO.

 

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA B  2 – 7 (1 –1; 0-1; 1-2; 0-3)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT, CARLOS ORDOÑEZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (1), JESUS PEREZ, ANGEL RODRIGUEZ, SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO, IAGO GARABATO.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE INVERNO – 5º Y 6º POSTO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA  9 – 7 (2-1; 1-1; 0-2; 4-5)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT (3), CARLOS ORDOÑEZ, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER (2), JESUS PEREZ, ANGEL RODRIGUEZ, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO, IAGO GARABATO (1).

patrocinadores

CRONICA CORUÑA

Logo Rana

DERROTA POLA MÍNIMA EN CORUÑA

Cuarta xornada da Liga Galega absoluta de Primeira División a que foi celebrada este pasado sábado ante natación Coruña,  con resultado de derrota despois de un partido intenso e que decidiuse pola mínima cun resultado de dez a nove para o equipo local.
O encontro comenzou con dous primeiros cuartos igualados con ventaxas mínimas para os locais.
No terceiro cuarto os santiagueses concederon ocasións en defensa, levando o resultado a unha diferenza de tres goles ao inicio do último periodo. Pese a reacción dos visitantes no último cuarto non conseguiron levar un resultado favorable, incluso tendo a última posesión indo o lanzamento fóra.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIóN

CN CORUÑA – CW SANTIAGO     10 – 9 (2-1; 2-2; 5-3; 1-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA; DAMIAN ANTELO, ENMANUEL NIETO, GABOR PAZOS, ALEJANDRO PADILLA (1), ALEJANDRO GOMEZ (3), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), PABLO SUAREZ (1), ANGEL CARRO (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA.

 

Tamén houbo encontro na segunda división entre os equipos B. Saldouse con vitoria dos santiagueses por seis goles a oiton nun partido onde os erros en ataque dos visitantes fixeron que a diferenza no xogo non se vira reflexado no marcador.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISIóN

 

CN CORUÑA  B – CW SANTIAGO  B 6 – 8 (0-3; 3-1; 1-2; 2-2)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT, RAMON TURNES (2), JORGE RODRIGUEZ, ROSALIA REY, ANXO PANERO, JORGE GOMEZ, JESUS MONTOIRO (1), RODRIGO VARELA (1), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, LUIS FERRER (4), CECILIA COBAS

 

Tamén disputouse o partido de Liga Infantil Feminina entre ambos equipos cun resultado favorable ás coruñesas por nove a dous. Pese ao resultado e a xuventude do noso equipo vemos melloras neste segundo partido de Liga e vanse dando pasos cara a un futuro esperanzador.

 

LIGA GALLEGA INFANTIL FEMENINA

CN CORUÑA –  CW SANTIAGO 9-2 (3-0; 1-0; 1-0; 1-0; 3-0; 0-2)

CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, EREA VIDAL (1), UXIA SANLUIS, SARAY GUILBERT (1), CARLOTA CALZADILLA,  CANDELA RUIBAL, CARLA DIAZ

patrocinadores

CRÓNICA GALEGA VIGO

DOBRE VITORIA ABSOLUTA EN VIGO

Logo Rana

Terceira xornada da Liga Galega Absoluta de primeira división a celebrada este pasado domingo dezaoito de novembro con desprazamento a Vigo para enfrentarse ao Real Club Naútico de Vigo.

Partido complicado ante un equipo xoven vigués ata agora invicto e que saldouse coa vitoria final para os santiagueses por sete goles a dez, despois de resolver o encontro no último cuarto.
Os santiagueses comenzaron o encontro colocándose por diante do marcador, pero cada gol santiagués era contrarrestado polos vigueses, chegándose ao final do primeiro cuarto con empate a dous onde se preveía un partido igualado. No segundo cuarto os visitantes conseguiron distanciarse por dous goles no marcador chegándose a tres a cinco favorable, pero os vigueses cun equipo moi novo non se rendían e no terceiro cuarto conseguiron acercarse no marcador para acabar cun só gol por debaixo, o que deixaba o encontro por decidir no último e definitivo cuarto. Foi entonces cando os santiagueses demostraron a súa experiencia e o seu maior físico e conseguiron estirar o marcador ata o sete a dez final. Importante vitoria que lles fai seguir invictos na liga.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

ABSOLUTOS

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO     7 – 10 (2-2; 1-3; 2-1; 2-4)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA; PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, GABOR PAZOS, ALEJANDRO PADILLA, ALEJANDRO GOMEZ (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), DAMIAN ANTELO (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA.

 

O segundo encontro foi na categoría absoluta feminina, onde as santiaguesas leváronse o encontro por un axustado sete a oito. Un partido moi serio en defensa e que só tivo un contratempo no segundo cuarto no que recibiu un parcial de tres a cero en contra que dificultou o gran inicio das visitantes que se adiantaran no primeiro cuarto cun cero a dous favorable. Pero os dous últimos parciais de dous a tres no marcador no terceiro e cuarto periodo deu unha sufrida vitoria que por xogo debeu ser máis clara.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA
Absoluto Feminino

RCN DE VIGO  – CW SANTIAGO   7- 8 (0-2; 3-0; 2-3; 2-3)

 

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY, NATALIA ROCHA (4), UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS (1), SORAYA LEARTE (2), MARINA MIGUENS, MARTA OCAMPO, ELENA VAZQUEZ, CARMEN BARREIRO, CECILIA COBAS (1)


Tamén houbo encontro na segunda división entre os equipos B e que se saldou con vitoria local por un claro dezaséis a once. Un partido onde non houbo defensa e si moito descontrol e que pese a chegar igualados ao último cuarto, un parcial de cinco a un para os vigueses deulles a vitoria.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
Absolutos 2ª

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO   16 – 11 (1-4; 7-3; 3-3; 5-1)

 

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ, ENMANUEL NIETO (1), GABOR PAZOS, JORGE RODRIGUEZ, ALEJANDRO GOMEZ (3), ANTONIO MOSCOSO, JESUS MONTOIRO (1), RODRIGO VARELA, DAMIAN ANTELO (3), PABLO CHICO, LUIS FERRER (2), JORGE GOMEZ

 

Para finalizar a xornada disputouse o partido de liga alevín entre os locais e o equipo B dos santiagueses que finalizou con un claro catorce a catro para os vigueses. Pero viuse un equipo B santiagués cada vez máis desperto e entonado e que progresa a pasos de xigante.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA
alevin_B

RCN DE VIGO –  CW SANTIAGO B 14-4 (3-0; 2-1; 4-1; 1-0; 2-2; 2-0)

CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, PEDRO RUBAL, MARIO CALZADILLA, BIEITO CARBALLO, SARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL, IRENA ORDOÑEZ, SOFIA PEREZ, ALEJANDRO CREGO (1), CARLA DIAZ.

 

patrocinadores

CRONICA LIGA GALEGA

DOBRE VITORIA ABSOLUTA

Logo Rana

Importante vitoria do Club Waterpolo Santiago ante o Club Waterpolo Pontevedra este pasado sábado na segunda xornada de Liga Galega Absoluta de Primeira División, por un axustado oito a sete ante os actuais campións de Liga, o que reforza a moral do noso equipo de cara a este duro mes de Novembro con dous partidos máis de Liga e que colocan líder ao equipo santiagués.

Como se preveía partido axustado, sempre con diferencias mínimas no marcador. Durante os tres primeiros cuartos os locais erraban innumerables situacións claras de gol a pesar do bo traballo defensivo, que fixo ir por detrás no marcador. Cada gol local que facía empatar o encontro, os visitantes situábanse outra vez por diante ata chegar ao comezo do último cuarto con un cinco a seis favorable aos do Lérez e con todo por decidir. Pero foi un inicio demoledor este derradeiro cuarto dos santiagueses que conseguiu darlle a volta ao marcador e colocarse dous goles por encima a falta de cinco minutos.

A partir de ahí, pecharon filas en defensa e só concederon un gol aos visitantes para rematar o encontr co mencionado oito a sete final que lles coloca como líderes invictos.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 1ª DIVISIÓN

ABSOLUTOS

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA    8 – 7 (2-2; 1-2: 2-2; 3-1)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA; PABLO CHICO; ENMANUEL NIETO; GABOR PAZOS; ALEJANDRO PADILLA (1), ALEJANDRO GOMEZ (2), ANTONIO MOSCOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), PABLO SUAREZ (1), DAMIAN ANTELO, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA (1), MARTIN TORREIRA.

Ademáis do partido da primeira división, tamén houbo enfrentamento entre ambos equipos na Liga Galega Cadete mixta. Os locais despois de facer un equipo extraordinario en defensa, case conseguiron a heroicidade xa que puxeron en verdaderos apuros ao gran favorito da Liga Cadete, caíndo ao final do encontró por dous a catro despois de ir por diante no marcador ata falta dun cuarto para acabar o encontro e empatados, ata falta de dous minutos para finalizar o encontro.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CADETES

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA    2 – 4 (0-0; 1-0; 1-1; 0-3)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER, CARLOS ORDOÑEZ, MARIO BLANCO, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO (1), ANGEL RODRIGUEZ, IAGO GARABATO (1)

 

Por último, también hubo jornada en la liga gallega absoluta de segunda división.  La primera jornada para los santiagueses que se enfrentaban al nuevo equipo de cuño, el club waterpolo Lugo, victoria clara para los locales por un cómodo dieciséis a cuatro y donde los más jóvenes se repartieron los minutos para coger experiencia de cara a partidos más igualados.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 2ª DIVISION

Absolutos 2ª

CW SANTIAGO – CW LUGO    17 – 4 (5-1; 5-0; 2-3; 5-0)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ, RAMON TURNES (1), MATEO RAPOSO (2), ROSALIA REY (3), JORGE RODRIGUEZ, ENMANUEL NIETO (1), JORGE GOMEZ (2), RODRIGO VARELA (1), ANTONIO MOSCOSO (2), PABLO CHICO (3), LUIS FERRER (2), IAGO GARABATO

patrocinadores

 

CRONICA vs VIGO

VITORIA ALEVÍN E TRES DERROTAS EN VIGO

Logo Rana

Nova xornada de liga para os equipos do clube waterpolo Santiago. Desta volta tocaba desplazarse a Vigo o domingo día catro de Novembro, para xogar en catro categorías. A primeira en disputar o seu encontro foi a cadete, onde o noso equipo empezou moi ben o partido, aguantando aos vigueses ata a metade do encontró. Pero un terceiro cuarto, onde os erros defensivos fóronse acumulando, deron lugar á escapada dos locais, que remataron gañando o encontro por quince goles a sete.

 

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO    15 – 7 (3-3; 3-0; 5-2; 4-2)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT (2), JESUS PEREZ, MARTIN ZAS (2), FERNANDO FERRER (2), YAGO DIAZ, MARIO BLANCO, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO (1), ANXO PANERO, ANGEL RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

 

O seguinte encontro foi en categoría infantil mixta, donde os composteláns sairon durmidos, deixando que os locais fuxiran no marcador no primeiro cuarto, pero tiveron unha boa reacción e aproximáronse no marcador ata poñerse a un gol; pero de novo, un estirón dos locais, fixo que chegasen ao quinto periodo cun favorable  trece a seis para os vigueses, para rematar apretando un pouco máis os visitantes, e finalizar o partido cun resultado final de trece a oito para os vigueses.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

RCN DE VIGO  – CW SANTIAGO   13- 8 (4-2; 3-1; 1-3; 5-0; 0-2; 0-0)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS: CARLOS ORDOÑEZ; JESUS PEREZ, FERNANDO FERRER (7); UXIA SANLUIS; MIGUEL BARCA; SAMUEL GONZALEZ; YAGO DIAZ; LUCAS GARCIA (1); IAGO FERNANDEZ; RAUL SEOANE

 

O terceiro encontro disputado foi da categoría alevín, con victoria clara para os compostelans por dez goles a seis, nun partido onde os santiagueses foron moi superiores dende o inicio, mandando no marcador e dando minutos a todos para que vaian collendo experiencia.

 

LIGA GALEGA ALEVIN  MIXTA

RCN DE VIGO  – CW SANTIAGO A    6 – 10 (0-2; 1-1; 2-1; 1-4; 1-1; 1-1)

CW SANTIAGO A: MAGIN LOPEZ (1),  MIGUEL PALACIOS (1); NICOLAS COLLAZO (2); CARLOS AMIGO (1); MANUEL J. RUBIAL (1); ZELJKO SUSTIC; GUILLERMO CARRILLO (3); SEBASTIAN ALTAMIRANO (1); ALEXANDRE GONZALEZ

 

O derradeiro encontro en disputarse foi en categoría infantil femenina, categoría nova nesta tempada.  No debut das nosas rapazas foron superadas claramente polas locais, moi superiores físicamente, xa que a gran maioría das nosas rapazas son alevíns e benxamíns. Pero con gran ilusión e moitas ganas de aprender deron en todo momento a cara e augúraselles un gran futuro.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMENINA
Infantil_femenino

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO     10- 0

CW SANTIAGO B: EVA CALZADILLA, CARLA DIAZ; ARIANA COLLAZO; SARAY GUILBERT; CANDELA RUBAL; IRENA ORDOÑEZ; SOFIA PEREZ, CARLOTA CALZADILLA

patrocinadores

 

CRONICA vs PONTEVEDRA

DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS EN CATEGORIAS

Logo Rana

Este pasado sábado vintesete de outubro os nosos equipos tiveron unha nova xornada das ligas galegas, disputándose tres encontros alevíns e outro infantil, con un balance de dúas vitorias e dúas derrotas.

 

O primeiro encontro en celebrarse foi o de categoría infantil contra o club waterpolo Pontevedra, nun partido máis igualado do que finalmente se reflexaría no marcador; xa que os locais mostraron sempre moita loita, entrega e esforzo aínda que non se acertaría cara a portería, o que os levou a unha derrota de once a seis.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA  6- 11 (1-1; 0-2; 1-2; 3-3; 0-2; 1-1)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS: CARLOS ORDOÑEZ (1); JESUS PEREZ (2); HENOK MARTINEZ, FERNANDO FERRER (1); UXIA SANLUIS; MIGUEL BARCA; SAMUEL GONZALEZ (2); YAGO DIAZ; LUCAS GARCIA; IAGO FERNANDEZ; RAUL SEOANE

 

O segundo encontro en disputarse correspondeu á categoría alevín A entre os equipos de Santiago e Pontevedra, con vitoria clara dos pontevedreses por dous goles a sete nun partido onde a pouca eficacia dos locais fixo que os visitantes gañaran claramente o partido.

 

LIGA GALEGA ALEVíN  MIXTA

CW SANTIAGO A– CW PONTEVEDRA A     2 -7 (0-2; 0-1; 0-2; 0-0; 1-2; 1-0)

CW SANTIAGO A: MIGUEL PALACIOS; NICOLAS COLLAZO (1); CARLOS AMIGO; MANUEL J. RUBIAL; ZELJKO SUSTIC; GUILLERMO CARRILLO (1); SEBASTIAN ALTAMIRANO; ALEXANDRE GONZALEZ

 

O seguinte encontro en disputarse foi entre os equipos alevíns B de ambos equipos e nesta ocasión a vitoria favoreceu aos locais que gañaron o partido con un claro catorce a dous e onde os nosos rapaces e rapazas demostraron que hai moito futuro dentro das nosas categorías.

 

LIGA GALEGA ALEVíN MIXTA

CW SANTIAGO  B– CW PONTEVEDRA B   14- 2 (4-0; 2-0; 2-0; 4-0; 2-0; 0-2)

CW SANTIAGO B: CARLA DIAZ (3); ARIANA COLLAZO; BIEITO CARBALLO (1); SARAY GUILBERT (2); CANDELA RUBAL (2); IRENA ORDOÑEZ (2); SOFIA PEREZ; ALEJANDRO CREGO (1); PEDRO RUBAL (3)

 

O último encontro en disputarse foi o duelo da categoría alevín entre os equipos santiagueses A e B; levándose a vitoria os maiores por un claro oito a un, dando o máximo os maiores xa que os pequenos loitaron e cumpliron como os mellores

 

LIGA GALEGA ALEVíN MIXTA

CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B   8 – 1 (1-0; 1-0; 3-0; 1-1; 0-0; 2-0)

CW SANTIAGO A: MIGUEL PALACIOS; NICOLAS COLLAZO (2); CARLOS AMIGO (2); MANUEL J. RUBIAL (1); ZELJKO SUSTIC (1); GUILLERMO CARRILLO (1); SEBASTIAN ALTAMIRANO (1); ALEXANDRE GONZALEZ

 

CW SANTIAGO B: CARLA DIAZ; ARIANA COLLAZO (1); BIEITO CARBALLO; SARAY GUILBERT; CANDELA RUIBAL; IRENA ORDOÑEZ; SOFIA PEREZ; ALEJANDRO CREGO; PEDRO RUIBAL

patrocinadores

CTO GALEGO ALEVIN DE VERÁN

SEGUNDO, SEXTO E SEPTIMO POSTO DOS ALEVINES

Logo Rana

Gran actuación dos nosos alevines no Campionato Galego de Verán celebrado este pasado sábado día nove en Pontevedra e onde o Club Waterpolo Santiago desprazar con tres equipos, o alevín A formado por xogadores de ultimo ano, o B formado na súa maioría por xogadores benjamines co reforzo dalgúns alevines de segundo ano e por primeira vez na historia do club tamén participou un equipo composto só por mozas que sen dúbida foi o equipo que mais atención provoco no campionato e que aínda que coa falta de experiencia dalgunhas delas fixeron un magnifico campionato pese a quedar en ultimo lugar.
O campionato empezou co noso equipo B que se enfrontaba a Club Natación Coruña, que se resolveu con vitoria para os coruñeses por un claro nove a tres, e no que o físico dos coruñeses decantaron o resultado malia momentos de bo xogo por parte dos nosos xogadores.
Seguidamente tocáballe debutar por primeira vez na historia dun campionato alevín a un equipo feminino de Santiago no seu partido de cuartos de final, o rival Pontevedra, magnifico partido das nosas mozas, na súa maioría benjamín e con dúas alevines que lles puxo moi difícil as cousas aos locais que a metade de partido vencían só por un a cero e que daban unha gran imaxe defensiva intentando ata dar a sorpresa, pero a maior experiencia dos locais acabou dándolle a vitoria por un resultado final de sete a un.
O seguinte encontro en disputarse foi o terceiro cuarto de final onde entraba en escena o noso equipo A que disputaba o seu partido ante o Club Mariña Ferrol, e onde o noso equipo acabou levándose a vitoria por un resultado de cinco goles a tres no partido mais igualado do campionato, cheo de emoción ata ao final e que lle daba o paso a semifinais.
A xornada continuo coa disputa do duelo entre as nosas mozas do Santiago feminino e o Club Mariña Ferrol que dilucidaban quen dos dous xogaría o quinto e sexto posto do campionato ante o equipo B de Santiago, e como no seu primeiro partido nosas chico conseguían chegar con opcións ao descanso, pero a falta de cambios notar en demasía acabando o resultado con vitoria ferrolana por trece goles a cero, que pese ao abultado do resultado non empaña a gran imaxe dada polas nosas mozas.
Logo da primeira semifinal disputada entre RCN de Vigo e CN Coruña con vitoria para os grandes favoritos, os vigueses que venceron por seis goles a un tocáballe ao noso alevín A disputar a semifinal ante Pontevedra nun partido resolto para os santiagueses por un claro sete a cero que lles daba o pase á final e como mínimo repetir tanto a clasificación do campionato de inverno e da liga galega.
Pola tarde celebráronse os partido polos postos, onde o noso equipo B enfrontábase a Ferrol polo quinto posto, e pese ás ganas e por momentos bo xogo dos nosos vitoria clara dos ferrolanos que lles daba o quinto posto e o sexto a Santiago B.
Para rematar cumpriuse o que se esperaba na final, onde pese á loita, esforzo e ganas dos santiagueses o Náutico de Vigo fíxose co campionato por un claro sete a cero que non quita merito aos nosos alevines que continúan co seu traballo diario para mellorar e que tiveron recompénsaa do subcampeonato.

alevinesA

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE VERÁN

CUARTOS DE FINAL CW SANTIAGO B CN CORUÑA 3 – 9
CW SANTIAGO FEM. CW PONTEVEDRA 1 – 7
CW SANTIAGO A ? CM FERROL 5 – 3

SEMIFINAIS 5º-7º CW SANTIAGO FEM. CM FERROL 0 – 13

SEMIFINAIS 1º-4º RCN DE VIGO CN CORUÑA 6-1
CW PONTEVEDRA CW SANTIAGO A 0-7.

5º E 6º LUGAR CW SANTIAGO B CM FERROL 2-12
3º E 4º LUGAR CW PONTEVEDRA CN CORUÑA 3-12
FINAL RCN DE VIGO CW SANTIAGO A 7-0.

 

CLASIFICACION FINAL

1º.- RCN DE VIGO
2º.- CW SANTIAGO A
3º.- CN CORUÑA
4º. – CW PONTEVEDRA
5º.- CM FERROL
6º.- CW SANTIAGO B
7º.- CW SANTIAGO FEMININO

 

alevinesB

CW SANTIAGO A: MATEO LAMAS, CARLOS RODRIGUEZ, IAGO FERNANDEZ, RAUL SEOANE, JESUS PEREZ, YAGO DIAZ, MIGUEL BARCA, ALEXANDRE GONZALEZ, LUCAS GARCIA, MARCO FERNANDEZ

photo_2018-06-12_16-52-30

CW SANTIAGO B: MAGIN LOPEZ, GUILLERMO CARRILLO, MIGUEL PALACIOS, NICOLAS COLLAZO, PEDRO RUBAL, MANUEL JOSE RUBIAL, BIEITO CARBALLO, ALEJANDRO GREGO, CARLOS AMIGO, MARIO CALZADILLA.

alevines_femenino

CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, EREA VIDAL, UXIA SANLUIS, SARAY GUILBERT, CARLA DIAZ, ARIANA COLLAZO, CANDELA RUBAL.

patrocinadores

CRONICA CAMPIONATO BENXAMIN VERAN

O CW SANTIAGO SEGUNDO
E TERCERO NO CAMPIONATO BENXAMIN

Logo Rana

 

O pasado sábado 2 disputouse en Pontevedra o Campionato Galego Benxamin, xogandose de modo triangular entre o anfitrión CW Pontevedra e CW SANTIAGO quen acudiu a cita con dous equipos.

No primeiro partido da xornada o CW Pontevedra consegiu superar o CW Santiago B por 7-4, nun partido moi igualado que decidiuse no último minuto do partido. A pesar de que os santiaguese foron mandando no electrónico a meirande parte do partido grazas a un bo traballo defensivo, os fallos en ataque e o xogo tan estaticopropiciaronos do lerez continuar loitando pola victoria durante os tres primeiros cuartos. O ultimo cuarto comezaba cun 3-4 favorable os composteláns, pero os erros defensivos e as imprecisións en ataque fixeron que os de Pontevedra desen a volta o marcador e conseguisen levar a vitoria.

No segundo encontro enfrontáronse os dous equipos santiagués con vitoria do equipo B por 2-9, a pesar do cansazo e comezar perdendo o encontro, os xogadores do equipo B foron capaces de remontar o encontro e conseguir a vitoria grazas a un bo traballo defensivo e a efectividade en ataque, algo do que careceu o equipo A que tivo moitas dificultades para encadear oportunidades de gol.

No último encontro entre o CW Pontevedra e o CW Santiago A saldouse con vitoria dos anfitrións por 9-1 e grazas a cal conseguiron gañar o Campionato. Partido que se decidiu no segundo cuarto onde o cansazo de equipo santiagués notouse en exceso e a pesar de comezar gañando como no partido anterior non foi quen de volver a perforar a portería dos de lérez mentres que estes si tiveron una gran efectividade .

Xogaron por parte do CW Santiago A: IrenaOrdoñez, Alexandre Gonzalez, Pedro Rubal, Ariana Collazo, Bieito Carballo e Rodrigo Carrillo

Mentres que por parte do CW Santiago B: MaginLopez, Eva Calzadilla, Mario Calzadilla, Alejandro Crego, Candela Rubal e GuillermoCarrillo

Clasificación final

1º CW Pontevedra

2º CW Santiago B

3º CW Santiago A

   A próxima semana o CW Santiago voltará a Pontevedra para disputar o Campionato Alevin, esta vez contará con triple representación o CW Santiago A formado polos xogadores de 2º ano, CW Santiago B formado por xogadores de 1º ano e benxamíns e por último o CW Santiago Femenino.

 

patrocinadores

 

CRONICA 3º PARTIDO PLAY OFF

O CW SANTIAGO SUBCAMPEON
DA LIGA GALEGA ABSOLUTA

rana_logo

 

     O Club Waterpolo Santiago proclamouse subcampeón da Liga Galega Absoluta de 1ª División logo de caer derrotado nos penaltis polo Club Waterpolo Pontevedra no terceiro e definitivo partido do play off. Como nos dous anteriores encontros disputados o partido foi de poder a poder, sempre os santiagueses por diante no marcador, pero con mínimas diferenzas. Un primeiro cuarto no que os locais saíron moi intensos deu vantaxe de goles cunha magnífica defensa deulles vantaxe de dous goles ( tres a un) que parecía que empezaba a decantar o resultado, pero nada lonxe da realidade os visitantes recompuxéronse e conseguiron chegar ao descanso só un gol abaixo ( seis a cinco), de aí ao final loita intensa na pileta, pero sempre por diante os santiagueses que chegaron ao final do terceiro cuarto un gol arriba ( dez a nove) que deixaba o título por decidir para o último cuarto, un gol dos locais poñía dous goles de diferenza ao comezo do último cuarto, os visitantes non cejaron no empeño e dous erros no último minuto e medio dos locais puxeron o empate a once a falta de vinte e oito segundos, os locais tiveron unha última opción de superioridade pero unha mala decisión en ataque a falta de seis segundos deu posesión aos visitantes que tiveron a oportunidade nun último lanzamento que parou o porteiro local.
Empate e tanda de penaltis e aí foron mellores os visitantes que se levaron a tanda por catro goles a un. Felicitar a ambos equipos pola gran final disputada e enhorabuena aos campións.

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
12 – 15
(3-1; 3-4; 4-4; 1-2)
Penaltis 1-4

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO, PABLO CHICO, DAMIAN ANTELO (1), LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

patrocinadores

 

CRONICA FINAL LIGA ABSOLUTA

DERROTA NO PRIMEIRO PARTIDO
DE PLAY OFF ABSOLUTO

rana_logo

     Este pasado sábado, comezou a final do play off da liga Absoluta de primeira división. Co primeiro partido da final que se disputou no CGTD de Pontevedra e onde o equipo local venceu pola mínima ao Club Waterpolo Santiago por un axustado cinco a catro levándose o primeiro punto da final. Como o marcador indica foi un partido netamente defensivo e que un segundo cuarto que tivo un parcial de tres a cero favorable aos pontevedreses estropeo un gran traballo defensivo dos santiagueses, que comezaran o encontro cunha férrea defensa e non deron opcións no primeiro cuarto aos locais adiantándose no marcador cunha xogada en superioridade, o segundo cuarto xa mencionado foi o que definiu o partido, un parcial de tres a cero foi o que marcou a diferenza no encontro e aínda que un terceiro parcial con outro bo traballo defensivo e logo de resolvelo como o primeiro cuarto achegou aos santiagueses ata o tres a dous co que se iniciou o definitivo último cuarto, todo por decidir e aínda que conseguiron empatar a tres goles a falta de cinco minutos para finalizar o encontro dous goles dos locais estiraron o marcador a un case definitivo cinco a tres a falta dun minuto e medio que os visitantes só puideron recortar ata o cinco a catro final que lle dá o primeiro punto da final ao Club Waterpolo Pontevedra. O próximo día vinte e un de abril disputarase o segundo encontro en Santiago para conseguir igualar a eliminatoria.

FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
  5 – 4
(0-1; 3-0; 0-1; 2-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (1), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (1), ANGEL CARRO, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, PABLO CHICO

patrocinadores