Triunfo contundente do equipo femenino absoluto do CW Santiago en A Coruña

As compostelás gañaron por 6-25 ao CW As Mariñas e incorporaron tres xogadoras noveles no seu primeiro partido da temporada.

O encontro e o comezo dominador

Este domingo 19 de outubro, o equipo feminino absoluto de División de Honra do CW Santiago desprazouse a A Coruña para enfrontarse ao CW As Mariñas. Desde o primeiro acto, as compostelás impuxeron o seu ritmo, con intensidade alta e dominio tanto no xogo ofensivo como defensivo. O resultado final de 6-25 reflicte claramente a diferenza entre ambos conxuntos.

Claves do partido

A diferenza comezou a forxarse desde o principio. O equipo visitante mostraba orden táctico e fluidez en ataque, mentres que o CW As Mariñas non conseguiu estabelecer continuidade nas súas xogadas. O CW Santiago aproveitou ben a posesión e as oportunidades de transición para ampliar a vantaxe.

Un dato significativo: no partido fixeron o seu debut tres xogadoras moi novas no primeiro equipo, o que reflicte a aposta do club pola formación e a continuidade do proxecto de base.

Valoración e perspectivas

O equipo técnico valorou moi positivamente o nivel mostrado: «Desde o pistoletazo de saída marcamos o ritmo que nos interesaba e fomos aumentando», comentou o adestrador, que destacou a “actitude de entrega de todas as xogadoras, tanto as veteranísimas como as noveles”. O feito de dar minutos de competición a xogadoras de formación considérase un paso estratéxico para asegurar o futuro do proxecto.

Con esta vitoria, o CW Santiago inicia a liga con confianza, pero tamén con claro compromiso cara os retos que virán. O club ten como obxectivo manter a competitividade en DH e seguir incrementando o protagonismo do grupo de canteira.

Próximos pasos

O foco agora está en consolidar o traballo semanal en adestramentos, reforzar a defensa colectiva e mellorar a finalización nas posesións. A competición continúa nas próximas semanas, e o equipo compostelán quere manter esta liña para posicionarse na parte alta da táboa.

Rematadas as Ligas Masculina e Feminina de División de Honra sen disputar os play-offs

O equipo feminino do CW Santiago segue mellorando a súa competitividade

O equipo absoluto feminino do Club Waterpolo Santiago, a pesar da derrota no seu enfrontamento contra o equipo de Vigo, volveu amosar a súa mellor versión na segunda parte, destacando a súa mellora continua e a actitude positiva ante os retos da competición.

O inicio do encontro non foi favorable para as santiaguesas, que non estiveron tan acertadas en ataque e permitiron que as locais, con gran eficacia, se adiantaran no marcador, alcanzando unha renda de seis goles. A pesar desta desvantaxe inicial, o CW Santiago non perdeu a concentración e a súa forza competitiva. As xogadoras, guiadas por un excelente espírito de equipo, non baixaron os brazos e seguiron loitando con moita determinación.

Absolutas Femenino – CWS –
Xogadoras do Club Waterpolo Santiago Absoluto Feminino DH

A segunda parte do partido foi un claro reflexo do progreso que está experimentando o equipo. As santiaguesas melloraron notablemente no seu xogo, adaptándose á intensidade do partido e reducindo a distancia no marcador. A defensa, máis sólida e eficaz, xunto cunha maior acerto en ataque, permitiu que o equipo se achegase aos seis goles de diferenza, e a reacción foi moi aplaudida tanto pola afección como polo corpo técnico.

Absolutas Femenino – CWS
Xogadoras do Club Waterpolo Santiago na xornada pasada día 4/5/25

A pesar do resultado final de 11-6 a favor de Vigo, a xornada deixou moitas conclusións positivas para o futuro do equipo feminino do Club Waterpolo Santiago. A actitude loitadora e a mellora no xogo colectivo demostran que este equipo está en constante evolución, preparándose para afrontar maiores retos e competir ao máis alto nivel.

Este tipo de partidos, onde as adversidades se superan con coraxe e traballo en equipo, son unha base sólida para o crecemento do club e para seguir desenvolvendo aos xogadores nun ambiente de mellora continua. O futuro é prometedor, e o CW Santiago está a camiñar na dirección correcta, mantendo sempre a súa ambición e a súa ilusión por seguir mellorando cada día.

GRAN VITORIA NA CASA.

Pechamos a xornada co enfrontamento na categoría absoluta feminina da División de Honra, onde conseguimos unha gran vitoria por 19-0. Ademais, demos minutos as xogadoras doutras categorias para que sigan medrando e adquirindo experiencia na competición.

ABSOLUTAS FEMININO DH – CW SANTIAGO ( DÍA INTERNACIONAL DA MULLER)

Ademais dos resultados, o crecemento dos nosos xogadores e o seu compromiso co equipo son unha proba do gran traballo dos adestradores e do corpo técnico. A filosofía do club, baseada na formación e desenvolvemento integral dos deportistas, segue dando os seus froitos, acadando éxitos e consolidándose como un dos mellores de Galicia.

Seguimos traballando con entusiasmo para que o noso club siga sendo un referente no waterpolo autonómico e para que as novas xeracións sigan levando o nome do CLUB WATERPOLO SANTIAGO.

Paso firme cara o título

As visitantes souberon aproveitar cada cuarto para levarse a vitoria por 7-17, un resultado que lles permite seguir na loita polo título de liga. Gran esforzo de ambos equipos. 

Absoluto femenino DH

 

Empate emocionante en DH femenino

As Santiaguesas igualan nos ultimos minutos.

Na categoría absoluta feminina de DH, as santiaguesas lograron un valioso empate tras un encontro irregular. O equipo comezou con bo pé, adiantándose no marcador cunha vantaxe de dous goles. A pesar dunha boa defensa, a falta de acerto en ataque permitiu que as locais se puxesen un gol arriba a falta de catro minutos para o final. Aínda así, as santiaguesas lograron igualar o marcador a falta de dous minutos. A pesar dos esforzos por levar a vitoria, o resultado final foi de 6-6.

CRÓNICA 11/02/2023

TRIPLE VITORIA ANTE CW CORUÑA

Nova xornada das ligas galegas para o Club Waterpolo Santiago este sábado once de marzo, onde rendía visita o Club Waterpolo Coruña, nunha sesión onde se desputaron catro encontros.

O primeiro en desputarse foi en categoría alevín mista, onde os santiagueses se resarciron da derrota da semana pasada vencendo por seis goles a un, e que os mantén no segundo lugar na clasificación.

O seguinte encontro en desputarse foi en categoría cadete mixta, donde o equipo masculino local caeu derrotado por oito a once, pese a mellorar en diversos aspectos de xogo, os locais sempre foron por detrás no marcador e pese a non rendirse non conseguiron un resultado positivo.

O terceiro encontró disputárono os equipos B de ambas conxuntos na liga galega de segunda división, partido cómodo para os locais que se levaron o encontró por un resultado de dezadeis a once, que os mantén ó fronte da clasificación e optan ó título da categoría.

O último encontro en desputarse foi o de división de honra femenina, entre santiaguesas e coruñesas, encontro importante de cara a clasificación e loita polo título. Partido moi girs das locais durante os dous primeiros cuartos, con moitos erros en ataque, pero as santiaguesas souberon sobreponerse nos dous últimos cuartos, levándose a vitoria final por trece goles a sete

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO B– CW CORUÑA B     16 – 11 (4-3; 4-2; 6-5; 2-1)

CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), JESUS PEREZ (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, FERNANDO FERRER (5), NICOLAS COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ (3), ANTONIO MOSCOSO (2), ANGEL RODRIGUEZ, GUILLERMO CARRILLO, MAGIN LOPEZ

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONRA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CORUÑA   13 – 7 (2-2; 2-0; 5-3; 4-2)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, ISABEL PEREZ (3), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (4), VICTORIA LANDEIRA (1), ARIANA COLLAZO, IRENA ORDOÑEZ (2), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL (1), SARAY GUILBERT (1), CECILIA COBAS, SOFIA PEREZ, ANDREA FERNANDEZ

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – CW CORUÑA   8 – 11 (1-2; 2-3; 1-4; 4-2)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (2), NICOLAS COLLAZO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO (2), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CORUÑA   6 – 1 (2-0; 0-0; 1-1; 1-0; 0-0; 2-0)

CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (3), NOA VIEITES, MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, MARTIN REY, AIRAS CAAMAÑO (2), GABRIEL VLAD (1), ADRIAN ODILON, IVAN SANCHEZ, GONZALO DE LA MATA

CRÓNICA 18 DE FEBREIRO 2023

Logo del Club Waterpolo Santiago

TRES DE CATRO ANTE O NAUTICO DE VIGO

De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros disputáronse nas instalación de Santa Isable ante o Real Club Naútico de Vigo, con vitorias do equipo absoluto masculino, absoluto femenino e infantil mixto, e unha derrota en categoría cadete mixta.

Xorana intensa e moi importante antes os vigueses que tanto en categoría absoluta masculina como en absoluta femenina se xogagan as súas opción na loita polo título de liga. A xornada deu comezo coa disputa do encontró en categoría absoluta masculina división de honra, encontró no que despois do primeiro cuarto con alternativas no marcador ó que se chegou con ventaxa local un gol arriba, os santiagueses conseguiron distanciarse no marcador no segundo cuarto, aumentando a súa ventaxa ata cinco goles no terceiro cuarto, para acabar mantendo a diferencia no último e definitivo cuarto, levándose o encontró por un resultado final de once a seis, que os fai seguir mantendo as opción intactas polo loita do título de liga.

O segundo enfrontamento foi en catergoría infantil mixta, donde os locais leváronse unha cómoda vitoria por doce goles a catro que lles fai seguir ó fronte da clasificación.

O terceiro encontró disputado foi en categoría cadete misxta, donde o noso cadete masculino pouco poido facer ante un dos favoritos polo título, caendo derrotados por un claro dous a dez.

Por último disputouse o encontró en categoría absoluta femenina, de novo partido moi importante xa que as locais tamén se disputaban seguir tendo opción de loitar polo título, partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, caendo de lado das locais por un resultado final de dez goles a oito.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO     11 – 6 (3-2; 4-2; 3-1; 1-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (1), RAFAEL E. RAMOS, ANDRES PEREZ (4), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (4), JESUS PEREZ, ANTONIO CAAMAÑO (1), CARLOS ORDOÑEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SAMUEL GONZALEZ

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA DIVISION DE HONRA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO    10 – 8 (0-1; 2-4; 4-2; 3-1)

CW SANTIAGO: IRENA ORDOÑEZ, ISABEL PEREZ (5), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (1), VICTORIA LANDEIRA, ARIANA COLLAZO (3), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (1), CECILIA COBAS

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO   2 – 10 (0-1; 2-2; 0-4; 0-3)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO   12 – 4 (2-1; 3-0; 3-0; 2-1; 0-1; 2-1)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (1), ARIANA COLLAZO (3), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (2), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN (4), ALEXANDRE GONZALEZ (1), SOFIA PEREZ (1)

PRATA E BRONCE PARA O CW SANTIAGO

O club Waterpolo Santiago desplazouse a Ourense este pasado din de semana para disputar as Copas Galegas Maculina e Feminina.

Empezou o equipo masculino o sábado pola mañán disuptando os cuartos de final ante Coruña, partido que os santiagueses dominaron con tranquilidade, e que se levaron por un dez a oito final, que os metía en semifinais que debían disputar ante o anfitrión o Club Waterpolo Ourense, vencdor da primeira eliminatoria o mesmo sábado. Partido moi serio en defensa e con boa calidade en ataque, que lles deu a vitoria por un concluínte nove a dous, e lles daba o pase á final, donde debían enfrontarse ante o naútico de Vigo o domingo a tarde. Xan a final, os erros defensivos no primeiro cuarto fixolles ir por detrás no marcador dende o inicio, non se rendiron no empeño os santiagueses por remontar e intentar meterse de cheo de novo no partido, a punto estiveron con once a trece en contra a falta de dous minutos para o final, un home de máis podía haber colocado a un solo gol, pero o balón estrellouse no pau, e de ahí ata o final os vigueses souberon manter o balón deixando pasar os segundos para conseguir levarse a final.

Pola súa parte, o equipo femenino santiagués encuadrado no grupo B, debía disputar una liguilla antes waterpolo Coruña e naútico de Vigo, gañando as coruñesas por once goles a ses, tamén as viguesas venceron a Coruña, o que significaba que a xornada de tarde decidiría quen se enfrontaba o club waterpolo Pontevedra, ganador do grupo A. O partido ante o naútico de Vigo comezou coas compostelanas atenazadas en ataque, con moi pouco intensidade defensiva, o que provocou que as viguesas de despegaran no marcador con un tres a cero a metade do segundo cuarto, pero unha gran reacción compostelana levounas a remontar ata colocarse con un tres a cinto e catro a seis, que non souberon manter a ventaxa de dous goles, acabando o resultado final con empate de seis, que lle daba o pase a final as viguesas e a loito polo terceiro e cuarto posto ás santiaguesas. Xan a noita pola medalla de bronce, non tiveron problemas para ganar por un claro cartorce a un final.

COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

Sábado 4 de febreiro de 2023

1/4 de final

CW Santiago – CW Coruña   10 – 8

Semifinais

CW Santiago – CW Ourense 9 – 2

Final

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – RCN de Vigo. 11 – 13

CW SANTIAGO: Iago Garabato, Jorge Rodríguez, Rafael E. Ramos, Andrés Pérez, Antonio García, Pablo Piñeiro, Jesús Pérez, Antonio Caamaño, Carlos Ordóñez, Xandre Rodríguez, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Samuel González.

COPA GALEGA ABSOLUTA FEMININA

Sábado 4 de febreiro de 2023

Fase grupo B

– CW Santiago – CW Coruña 11 – 6

– CW Santiago – RCN de Vigo 6 – 6

3° y 4° posto

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – CW Lugo 14 – 1

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez, Laura Sanluis, Rosalía Rey, Victoria Landeira, Ariana Collazo, Irena Ordóñez, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert, Andrea Fernández, Sofía Pérez, Cecilia Cobas..

CRÓNICA SABADO 28 e DOMINGO 29 DE XANEIRO 2023

Logo del Club Waterpolo Santiago

TRIPLE VITORIA ANTE PONTEVEDRA

        De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros que se disputaron nas instalacións de Santa Isabel ante o club waterpolo Pontevedra, con vitorias do equipo alevín mixto, absoluto feminino e infantil mixta, e unha derrota en cadete mixta.

A  xornada deu comezo co encontro en categoría alevín mixta, onde os santiagueses se enfrentaban ó alevín feminino de Pontevedra, encontro no que os locais mandaron en todo momento no marcador, para acabar vencendo por un claro dez a cero.

O seguinte encontro foi en categoría absoluta feminina de división de honra, partido que se preveía difícil e igualado xa que Pontevedra viña como líder, gran partido das santiaguesas que acabaron vencendo por un claro vinteun a catro que da un subidón as locais para intentar acercarse ó liderato e loitar polo título de liga.

O terceiro encontró en disputarse foi en categoría cadete mixta entre o equipo masculino local e os pontevedreses con vitoria visitante por un claro dous a catorce, despois de un partido donde os erros defensivos e a pouca claridade en ataque que os locais non lles deron opción en ningún intre.

O último encontró en disputarse foi en categoría infantil mixta donde a vitoria caeu de novo de parte dos locais, que venceron por dez goles a seis. Non foi o mellor encontró dos nosos rapaces, que pese o xogo desordenado por parte dos dous equipos, tiveron máis claridade en ataque para conseguir unha nova vitoria.

Por outra parte, o noso equipo máster tamén tivo encontro de segunda división galega este domingo ante o náutico de Vigo B, os composteláns acudían con numerosas baixas, pese a elo tiveron durante todo o partido loitando pola vitoria nun partido moi igualado que ó final caeu do lado dos vigueses por un axustadísimo once a dez. Primeira derrota dos santiagueses, que pese a isto continúan nos postos altos da clasificación e con serias opción de loitas polo título.

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONRA

Sábado, 28 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA    21 – 4 (3-1; 7-1; 6-2; 5-0)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, ISABEL PEREZ (4), ROSALIA REY (3), ARIANA COLLAZO (3), UXIA UZAL, IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA (3), CANDELA RUBAL (2), SARAY GUILBERT (3), ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (3), CECILIA COBAS

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado, 28 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – CW PONTEVEDRA   2 – 14 (0-5; 0-4; 1-3; 1-2)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

Sábado, 28 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – CW PONTEVEDRA   10 – 6 (1-0; 4-2; 1-1; 2-1; 0-0; 2-2)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, MARIA ROMERO TUÑAS, ARIANA COLLAZO (2), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ (1), ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (3), RAMON GARCIA, SAUL PAPIN (2), ALEXANDRE GONZALEZ (1), SOFIA PEREZ (1)

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

Sábado, 28 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA FEMENINO  10 – 0 (4-0; 5-0; 1-0; 0-0; 0-0; 0-0)

CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (4), MATEO MACIAS, IVAN SANCHEZ, LUCIA PEÑA (1), MARTIN REY, AIRAS CAAMAÑO (4), GABRIEL VLAD, GONZALO DE LA MATA, ADRIAN ODILON, GAEL CAAMAÑO (1)

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2ª DIVISION 

Domingo, 29 de xaneiro de 2023

 RCN DE VIGO – CW SANTIAGO MASTER  11- 10 (4-2; 5-0; 2-0; 4-0)CW SANTIAGO: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES (4), DANIEL GARCIA (3), JORGE LAREU, JAVIER GARCIA, PABLO LOPEZ, MIGUEL ANGEL BARCA (2), PEDRO BERNARDEZ

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña