VITORIA ALEVÍN NO TROFEO CIDADE DE FERROL

Este pasado domingo o Club Waterpolo Santiago desprazouse a Ferrol para disputar o Trofeo Cidade de Ferrol en categoría alevín mixta, torneo que se disputaba en formato de triangular coa participación do Club Mariña Ferrol como organizador ademais Club Waterpolo Coruña Rías Altas co que os santiagueses comezaron o torneo que ademais servía tamén como partido da liga Galega Alevín Mixta e no que os nosos pequenos venceron claramente por un resultado final de quince goles a un, partido que serviu para que os novos deportistas vaian integrándose no equipo. A continuación disputouse a final do trofeo fronte ao Mariña Ferrol no que os santiagueses comezaron moi ben o encontro distanciándose ao descanso por catro goles a un que parecía que lles daría a vitoria, pero unha gran reacción dos locais fíxolles colocarse no último cuarto por diante no marcador, pero un gol a falta de tres segundos deu o empate a seis aos santiagueses e a vitoria no Trofeo por mellor golaverage que os locais.

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA
Domingo 19 de Decembro

CW CORUÑA RÍAS ALTAS – CW SANTIAGO 1- 15 (0-4; 0-2; 0-4; 1-2; 0-1; 0-1)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, ALEXANDRE GONZALEZ (1), ANDREA GONZALEZ (1) LUCIA PEÑA, CARLOTA PÉREZ, GAEL CAAMAÑO (1), QUEITAN ROMERO, AIRAS CAAMAÑO (3), ALEJANDRO RIAL (1), RODRIGO CARRILLO (3), SOFÍA PÉREZ (5)

TROFEO CIDADE DE FERROL ALEVIN
Domingo 19 de Decembro

CW SANTIAGO 6- 6 (1-1; 2-0; 1-0; 1-3; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, ALEXANDRE GONZALEZ, ANDREA GONZALEZ (1) LUCIA PEÑA, CARLOTA PÉREZ, GAEL CAAMAÑO, QUEITAN ROMERO, AIRAS CAAMAÑO (2), ALEJANDRO RIAL, RODRIGO CARRILLO, SOFÍA PÉREZ (4)

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

UN TRIUNFO E UNHA DERROTA ANTE FERROL

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este domingo pasado os equipos do Club Waterpolo Santiago desprazáronse a Ferrol para un dobre enfrontamento en categorías das ligas Galegas con vitoria para o cadete mixto e derrota do infantil
masculino en categoría infantil mixta.

Iniciou a xornada o equipo cadete que venceu nun partido con dúas caras, un primeiro e segundo cuarto que pese a unha boa defensa non estiveron acertados en ataque con erros e perdas de balón daba vantaxe ao descanso aos ferrolanos cunha vantaxe de catro a dous que poñía costa arriba o partido aos santiagueses, pero unha gran reacción nos dous últimos cuartos cunha gran defensa e bo ataque provoco que desen a volta ao marcador para acabar vencendo por un resultado final de cinco goles a nove.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CM FERROL – CW SANTIAGO 5- 9 (1-0; 3-2; 1-4; 0-3)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (5), YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), DIEGO FAGUNDEZ, MIGUEL BARCA (1), NICO COLLAZO, LUCAS GARCIA, IAGO FERNANDEZ, BIEITO CARBALLO, MATEO LAMAS, GUILLERMO CARRILLO, MAGIN LOPEZ

Logo da vitoria cadete enfrontáronse os equipos infantil mixto de Ferrol e o masculino dos santiagueses, que como o partido cadete tivo dúas caras diferenciadas, durante os primeiros cuartos os visitantes dominaron o marcador, pero dous últimos cuartos favorables aos ferrolanos deulles a vitoria aos locais por seis goles a catro nun emocionante encontro.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CM FERROL – CW SANTIAGO MASCULINO 6- 4 (1-1; 0-0; 0-1; 2-2; 2-0; 1-0)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL (1), ARTAI ANTELO (1), ANTON FAGUNDEZ, GABRIEL BALSA, AIRAS CAAMAÑO, RODRIGO CARRILLO, GUILLERMO CARRILO (1), MARIO CALZADILLA, SAUL PAPIN

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

O ALEVIN CAMPEON GALEGO

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este pasado sábado (19 de xuño)nas instalacións de Sta. Isabel disputar o Campionato Galego Alevín, o único campionato de categorías que faltaba por disputar nesta atípica tempada.
En formato de liguilla todos contra todos os catro equipos que se ían a disputar o título foron:

■ Asociación Coruñesa de Waterpolo
■ Club Waterpolo Coruña Rías Altas
■ Náutico de Vigo
■ Club Waterpolo Santiago

Os organizadores os locais, que foron os vencedores logo de impoñerse claramente aos tres equipos anteriores.
A xornada comezou cun igualadísimo partido en Coruña Rías Altas e Náutico de Vigo que finalmente acabo cun empate a seis final.
O primeiro encontro dos Santiagués enfrontoulles aos coruñeses de ACW e xa deixaron nese encontro unha gran imaxe vencendo por un cómodo trece a catro, o terceiro encontro disputáronos os locais de novo que se enfrontaron ao Náutico de Vigo levándose o encontro de novo por un cómodo doce a catro final que lles deixaba a unha vitoria do título, o cuarto encontro que se disputo foi entre os dous equipos coruñeses levándose o encontro tamén de xeito claro Coruña Rías Altas que vencían por un cómodo once a un, o quinto encontro entre Náutico de Vigo e ACW caeu ao lado vigués por doce a dous chegándose ao último encontro da xornada que debían disputar os santiagueses e Coruña Rías Altas, e os locais saíron decididos polo encontro e como nos anteriores encontros asino un catorce a catro final que lle daba o título de campión, por diante os vigueses do Náutico de Vigo segundos, Coruña Rías Altas terceiro e ACW que cerro a clasificación en cuarto lugar.


Gran imaxe dos nosos alevines que pese a este ano tan atípico demostraron que a canteira santiaguesa segue estando en moi boa forma e que ten moito futuro para o club.

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE VERÁN

CW SANTIAGO – ACW 13 – 4 (4-0; 6-1; 1-1; 1-1; 0-0; 1-1)
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, MARIO CALZADILLA (4), ALEXANDRE GONZALEZ, NICOLAS BLANCO, ARIANA COLLAZO (2), XOEL LISTE, SAUL PAPIN (1), AIRAS CAAMAÑO (3), XOEL SOTELO, GUILLERMO CARRILLO (1) SOFIA PEREZ (2)

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 12 – 4 (2-1; 1-0; 2-1; 2-2; 2-0; 3-0)
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, MARIO CALZADILLA, ALEXANDRE GONZALEZ (1), NICOLAS BLANCO, ARIANA COLLAZO (1) XOEL LISTE, SAUL PAPIN, AIRAS CAAMAÑO (1), XOEL SOTELO, GUILLERMO CARRILLO (8) SOFIA PEREZ (2)

CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 14 – 4 (3-2; 5-0; 4-1; 2-1; 0-0; 0-0)
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, MARIO CALZADILLA, ALEXANDRE GONZALEZ (2), NICOLAS BLANCO, ARIANA COLLAZO (2), XOEL LISTE, SAUL PAPIN (2), AIRAS CAAMAÑO, XOEL SOTELO, GUILLERMO CARRILLO (3) SOFIA PEREZ (5)

CLASIFICACION FINAL :

                                1º CW SANTIAGO
                                2º RCN DE VIGO
                                3º CW CORUÑA RIAS ALTAS
                                4º ASOCIACION CORUÑESA WATERPOLO
Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

 

 

VITORIA COMODA ANTE OURENSE

Liga Galega Absoluta Masculina 
de División de Honor


Nova xornada: da Liga Galega Absoluta Masculina, de División de Honor a que se disputo este pasado sábado; en Sta. Isabel 
 Os compostelanos recibían ao CW Ourense: nun encontro que desde o inicio foi comandado polos locais, que cunha gran intensidade defensiva, distanciáronse desde o  inicio no marcador pese, ás numerosas ocasións de gol erradas, aínda así chegouse á conclusión do primeiro cuarto cun claro catro a cero. Os seguintes parciais pese a baixar a intensidade do xogo o marcador seguiu  en aumento con minutos para os xogadores máis novos que non desentonaron, para acabar vencendo; cómodamente por un claro vinte e dous a dous que fai que o próximo encontro ante o CW Coruña Rías Altas sexa decisivo para volver loitar unha tempada máis disputando o título de Liga ante o RCN de Vigo xa clasificado.

CW SANTIAGO – CW OURENSE 22 – 2 (4-0; 6-1; 5-1; 7-0)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ (1), EMMANUEL NIETO, ANDRES PEREA (3), FERNANDO FERRER (1), ALEX GOMEZ (7), SAMUEL GONZALEZ (2), ANTONIO CAAMAÑO, ANTONIO GARCIA (1), XANDRE RODRIGUEZ (4), BRUNO SAMPAÑO (3), ADRIAN CAMPAÑA, ROBERTO CARRO

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

TERCEIROS NO INFANTIL DE PRIMAVERA

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este pasado domingo o CW Santiago acudiu a Ferrol para competir no Campionato Galego Infantil Mixto de Primavera con dous equipos. Obtendo un terceiro posto co equipo masculino e un quinto posto co equipo Feminino que participaba por primeira vez na súa historia só con mozas, un gran fito no club.
E precisamente foron as mozas as que empezaron a súa participación ante o equipo que final foi o campión, o Club Mariña Ferrol, e pese a perder nun partido en que a diferenza foi máis avultada do que o xogo reflexo demostrou que empezan a estar preparadas para dar alegrías ao club, a única nota negativa foi o pouco a certo de face a portería que é onde se decidiu o partido, acabando cun resultado de seis goles a un, que ben puido ser moito máis axustado con ese acerto final.
Logo das mozas entraron en liza os mozos que debían enfrontarse ao ganador do partido anterior, e logo de dous cuartos onde o partido estivo igualado os fallos defensivos dos santiagués fixo que os locais distanciásense no marcador ata o oito a tres final.

Trala derrota ante Ferrol do equipo feminino mándolles a xogar o quinto e sexto lugar antes os coruñeses de ACW e pese a que ao encontro comezou como o primeiro con moitos erros de face a portería, a partir do segundo cuarto afinaron a puntería para terminar vencendo por sete a cero e conseguindo un digno quinto posto e sobre todo unha moi boa imaxe.
Pola súa banda o equipo masculino tivo que xogar o partido pola medalla de bronce onde o seu rival o Náutico de Vigo púxolle as cousas moi difíciles, pero un gran final fíxolles levarse o encontro por un catro a oito final que lles deu o terceiro lugar.

CW SANTIAGO FEMENINO 

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL  PRIMAVERA

2º CUARTO DE FINAL

CM FERROL – CW SANTIAGO FEMENINO   6 – 1 (2-1; 1-0; 1-0; 2-0)

CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL, ARIANA COLLAZO, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, UXIA UZAL, EMMA SANTAMARIA, SOFIA PEREZ (1), CARLA DIAZ

2ª SEMIFINAL 

CM FERROL – CW SANTIAGO MASCULINO 8 -3 (0-0; 2.2; 3-1; 3-0)

CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL; SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), NICOLAS COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ; ARTAI ANTELO; GUILLERMO CARRILLO (1), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN

5º E 6º POSTO
CW SANTIAGO FEMENINO – ACW   7 – 0 (1-0; 1-0; 3-0; 2-0)

CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT (1), CANDELA RUBAL (2), ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (2), UXIA UZAL, EMMA SANTAMARIA, SOFIA PEREZ (1), CARLA DIAZ

3º E 4º POSTO

CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO  8-4 (2-0; 1-1; 1-1; 1-0; 0-1; 1-3)

CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL; SEBASTIAN ALTAMIRANO (5), NICOLAS COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ; ARTAI ANTELO; GUILLERMO CARRILLO (1), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CAMPIONATO GALEGO CADETE PRIMAVERA

Logo del Club Waterpolo Santiago

TERCEIROS NO CADETE DE PRIMAVERA

   Este pasado domingo e arrinco tamén a categoría cadete no waterpolo autonómico galego coa disputa do Campionato de Primavera, que se celebrou en Vigo. 

   Os integrantes do CW Santiago conseguiron o terceiro posto despois de perder a primeira semifinal #ante os locais do Náutico de Vigo trece a nove e vencer na loita polo terceiro e cuarto posto aos coruñeses de Asociación Coruñesa de Waterpolo catorce a tres. 

   O sorteo deparo que na primeira semifinal enfrontásense a priori os dous equipos favoritos para conseguir o título e foron os olivitos os que levaron o gato ao auga despois dun inicio onde adquiriron unha vantaxe de tres goles que fixo ir xa durante todo o encontro aos santiagueses a remolque, e que non foron capaces de remontar aínda que conforme ían pasando os minutos os visitantes melloraron o seu xogo pero iso non lles permitiu remontar deixándoos a loita da medalla de bronce. 

   Na loita polo terceiro e cuarto posto non houbo cor e xa cunha parcial inicial de seis a cero para os santiagueses a medalla de bronce estaba practicamente asegurada, deixando pasar os minutos e dando xogo aos máis novos que puideron participar no logro conseguido. 

CAMPIONATO GALEGO CADETE

1º SEMIFINAL 

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 

13 – 9 (4-2; 5-2; 2-1; 2-4) 
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ, JESUS PEREZ (2), NICOLAS COLLAZO, FERNANDO FERRER (6), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, MATEO LAMAS, GUILLERMO CARRILLO, BIEITO CARBALLO, MAGIN LOPEZ 

3º E 4º PUESTO

CW SANTIAGO – ACW 14 – 3 (6-0; 3-1; 2-1; 3-1)

CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), JESUS PEREZ (1), NICOLAS COLLAZO (1), FERNANDO FERRER (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO, SAMUEL GONZALEZ (4), YAGO DIAZ (1), MATEO LAMAS (1), GUILLERMO CARRILLO, BIEITO CARBALLO, MAGIN LOPEZ

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

DERROTA E EMPATE ABSOLUTO ANTE VIGO

Este pasado domingo deron inicio as Ligas Galegas Absolutas para o CW Santiago, logo de máis dun ano sen competir, e con todas as medidas de seguridade marcadas pola federación, os equipos absoluto masculino e feminino desprazáronse a Vigo para un dobre enfrontamento ante o Náutico de Vigo.

equipo absoluto masculino

Os primeiros en iniciar os encontros foi o equipo masculino, que logo dun encontro moi igualado acabo caendo pola mínima e por un resultado final de nove goles a oito. Partido no que houbo mínimas diferenzas durante todo o encontro e que un segundo cuarto onde os compostelanos estiveron menos acertados en defensa permitindo que os locais conseguisen a metade dos seus goles foi decisivo ao quedarse ás portas de conseguir un mellor resultado.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONOR GALEGA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 8 (1-1; 5-3; 1-1; 2-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ, ENMANUEL NETO, ANDRES PEREZ, FERNANDO FERRER, ALEJANDRO GOMEZ (2), ANXO PANERO, ANTONIO CAAMAÑO (3), SAMUEL GONZALEZ, XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, ROBERTO CARRO

Pola súa banda tamén houbo enfrontamento en categoría Absoluta Feminina e aquí o resultado foi de empate a nove, logo dun inicio igualado, as compostelanas adquiriron vantaxe cun bo xogo e unha magnifica defensa nos dous seguintes periodos ata distanciarse tres goles arriba, pero un último periodo no que se notou o físico e a falta de competición de estar tanto tempo sen competir, ademais do acerto no lanzamento das locais propicio un empate a nove final, co consiguiente reparto de puntos-

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONOR GALEGA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 9 (3-3; 1-3; 0-2; 5-1)

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, ROSALIA REI (6), LAURA SANLUIS, NATALIA ROCHA (1), UXIA SANLUIS, CARLA PINALES, SORAYA LEARTE, LAURA DOURADO (1), ELENA VAZQUEZ, HENAR DE PABLOS, MARTA OCAMPO, ISABEL PEREZ (1)

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CRÓNICAS CAMPIONATOS BENXAMIN E INFANTIL FEMININO

CW SANTIAGO CAMPEON BENXAMIN

BENJAMINES CAMPEONES
Este pasado sábado o CW Santiago desprazouse a Pontevedra para participar nos Campionatos Galegos Benxamín mixto e Infantil feminino de inverno, conseguindo proclamarse campión na categoría benxamín e un meritorio terceiro posto en categoría Infantil feminina.
En categoría benxamín participaban xunto aos santiagueses, o CW Pontevedra e o CW Cambre. Con formato de liguilla todos contra todos os santiagueses comezaron a súa participación enfrontándose ao CW Pontevedra conseguindo unha cómoda vitoria por dez a un e que á espera de enfrontamento entre Cambre e Pontevedra poñíalles á fronte da clasificación, a vitoria caeu en mans dos de lerez por dez goles a tres, con iso un punto bastáballes aos santiagueses para ser campións pero saíron a por todas no último enfrontamento conseguindo levarse o encontro ante Cambre por dez a cero que lles daba o título e que dá mostra de que a canteira santiaguesa segue traballando e obtendo bos resultados e un futuro esperanzador.

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN MIXTO DE INVERNO

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 10 – 1 (0-0; 1-0; 3-0; 1-1; 3-0; 2-0)
CW SANTIAGO: MARIO CALZADILLA (1), ALEXANDRE GONZALEZ (2), ANDREA GONZALEZ (1), AIRAS CAAMAÑO (1), RODRIGO CARRILLO, GAEL CAAMAÑO (2), SOFIA PEREZ (3)

CW SANTIAGO – CW CAMBRE 10 – 0 (4-0; 3-0; 3-0; 0-0; 0-0; 0-0)
CW SANTIAGO: MARIO CALZADILLA (1), ALEXANDRE GONZALEZ (1), ANDREA GONZALEZ (1), AIRAS CAAMAÑO (2), RODRIGO CARRILLO (1), GAEL CAAMAÑO (2), SOFIA PEREZ (2)

CLASIFICACION FINAL

1º/ CW SANTIAGO
2º/ CW PONTEVEDRA
3º/ CW CAMBRE

    Xunto co Campionato benxamín tamén se disputou o Campionato Galego Infantil Feminino, onde as santiaguesas acabaron en terceira posición logo de caer derrotadas nos dous enfrontamentos ante RCN de Vigo por once a un e ante el ao cabo campión o CW Pontevedra por catro goles a un. Pese ás dúas derrotas as santiaguesas na súa maioría alevines non lle perderon a cara aos partidos, boa progresión dun equipo moi novo pero con gran futuro.

photo_2020-01-14_21-23-47

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL FEMININO DE INVERNO

CW SANTIAGO – RCN de VIGO 1 – 11 (4-0; 3-1; 2-0; 2-0; 0-0)
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, SOFIA PEREZ, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT (1), UXIA SANLUIS, IRENA ORDOÑEZ, XULIA GAREA, EREA VIDAL, CARLOTA CALZADILLA, MIA SUSTIC, EMMA SANTAMARIA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 1- 4
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, SOFIA PEREZ, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, UXIA SANLUIS, IRENA ORDOÑEZ (1), XULIA GAREA, EREA VIDAL, CARLOTA CALZADILLA, MIA SUSTIC, EMMA SANTAMARIA

CLASIFICACION FINAL

1º/ CW PONTEVEDRA
2º/ RCN DE VIGO
3º/ CW SANTIAGO

 

patrocinadores

 

CRONICA ANTE VIGO

DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS ANTE VIGO

    Nova xornada das ligas galegas para o Club Waterpolo Santiago a disputada este pasado sábado nas instalacións de Santa Isabel, onde rendía visita o Náutico de Vigo con catro partidos e un balance de dúas vitorias e dúas derrotas.
O primeiro encontro en disputarse foi en categoría infantil, onde os santiagueses querían recuperar o liderato da clasificación ante os vigueses que viñan invictos, partido que se prevía igualado e así foi, logo dun encontro cheo de loita entre ambos equipos, a vitoria caeu de lado visitante logo dun partido cheo de alternativas que finalmente conclúo cun sete a nove favorable aos vigueses.

20191109_infantil nov 1.jpg

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO A – RCN DE VIGO 7 – 9 (0-2; 3-1; 1-1; 1-0; 0-4; 2-1)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), JESUS PEREZ (3), NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO, UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, ZELJKO SUSTIC, YAGO DIAZ (1), LUCAS GARCIA, MATEO LAMA

   A primeira vitoria para os santiagueses conseguírona os absolutos de División de Honor, que nun partido intrascendente xa que fixeran os deberes e antes de empezar o encontro xa eran campións da fase regular que lles permite ter vantaxe de campo en todo o play off venceron aos vigueses por un cómodo catorce a dez non sen esforzo pero exceptuando o primeiro cuarto sempre levaron a iniciativa no marcador dando minutos a todos os xogadores de face ao decisivo final de liga que decidirá o título.

absolutos 14 diciembre 2019.jpgLIGA GALEGA ABSOLUTA DIVISION DE HONOR

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 14 – 10 (2-3; 4-1; 5-4; 3-2)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JESUS PEREZ, JORGE RODRIGUEZ, PABLO CHICO, ALEX GOMEZ (2), PABLO PIÑEIRO (7), DANIEL RODRIGUEZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (3), ADRIAN PONTE, ANGEL CARRO, BRAIS RAPOSO, ADRIAN CAMPAÑA (1), MARTIN TORREIRA

   O terceiro encontro en disputarse foi o enfrontamento en División de Honor feminina, onde as santiaguesas pretendían manter o segundo posto na clasificación pero un inicio errático en defensa e ataque propicio a escapada das visitantantes ata un dous seis ao descanso, resultado case definitivo e que aínda que as locais intentaron meterse no encontro con moita máis intensidade e acerto tanto en defensa como en ataque non conseguiron achegarse no marcador, que termino cun concluínte cinco a dez favorable ás viguesas.

20191214_femenino 7.jpg
LIGA GALEGA DIVISION DE HONOR FEMENINA

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 5 – 10 (1-4; 1-2; 0-3; 3-1)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, ROSALIA REY (2), LAURA SANLUIS, NATALIA ROCHA (2), UXIA SANLUIS, CARLA PINALES, LAURA DORADO (1), ELENA VAZQUEZ, MERCE VIDAL

Para rematar xogouse o encontro de segunda división masculina entre os equipos B de ambos conxuntos, con resultado claro para os locais que venceron por catorce a catro mandando en todo momento no marcador e con gran participación de xogadores cadetes que non desentonaron no encontro, remarcar que con esta vitoria quedan a un só punto de conseguir o título na categoría de prata galega.

20191214_absolutos B.jpg

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO B 14 – 4 (5-2; 3-1; 4-0; 2-1)
CW SANTIAGO B: MARTIN TORREIRA, CARLOS ORDOÑEZ, ROSALIA REY (1), ANTONIO GARCIA, RAMON TURNES (2), ALEX GOMEZ (5), BRAIS RAPOSO (2), JESUS MONTOIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (2), ANTONIO MOSCOSO, ANXO PANERO, IAGO GARABATO

patrocinadores

 

 

 

CRONICA PLAY OFF ABSOLUTO (2)

NOVA DERROTA NO SEGUNDO
PARTIDO DA FINAL PARA O CW SANTIAGO

rana_logo

Despois do primeiro revés sufrido por parte do CW Santiago no primeiro partido da final do Play Off da Liga Galega de primeira división, este pasado domingo os santiagueses desprazáronse a Pontevedra para intentar igualar a eliminatoria e poder volver a Santiago para xogar o terceiro encontro. Pero nun partido moi igualado, de novo a maior efectividad dos do Lérez, lles dió o encontro e a segunda vitoria tras vencer por un axustado trece a doce que lles deu o título de liga.
Un partido onde os santiagueses non souberon en ningún momento atopar o equilibrio entre defensa e ataque, o que provocou que o partido fósese a un marcador alto e é aí onde os locais con maior efectividad no último cuarto, souberon impoñerse logo de tres parciais que acabaron en empate, pero obtendo a vitoria final e consecuentemente, o título de liga.

absoluto03

FINAL PLAY OFF LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION – 2º PARTIDO

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO     13 – 12 (3-3; 4-4; 3-3; 3-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, LUIS FERRER (1), ALEJANDRO GOMEZ (5), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), DAMIAN ANTELO (1), ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, PABLO SUAREZ (1)

patrocinadores