🔥 Absoluta Feminina DH – Exhibición con espírito de club

O equipo Absoluto Feminino de División de Honra do CW Santiago completou a xornada en Ferrol cunha actuación memorable, vencendo ao Club Marina Ferrol por un espectacular 23-3.
As santiaguesas dominaron o encontro desde o primeiro momento, cunha defensa firme e un ataque demoledor que deixou sen opcións ás locais.

Neste partido, o equipo contou coa participación de xogadoras absolutas, infantís e alevíns, unha mostra perfecta do espírito integrador e formativo do club. As máis novas amosaron unha madurez e valentía exemplares, compartindo auga e aprendizaxe coas xogadoras máis experimentadas, nun ambiente de apoio e compañeirismo que define o proxecto deportivo do CW Santiago.

O encontro foi tamén unha demostración da fortaleza do grupo, coa combinación ideal de experiencia e frescura. A intensidade defensiva, a creatividade no ataque e o alto ritmo de xogo fixeron que o resultado final (23-3) reflectise a superioridade das santiaguesas, pero tamén o compromiso de todo o equipo por seguir mellorando día a día.

Unha xornada redonda, que confirma o excelente momento das nosas deportistas e o gran traballo técnico e humano que se está a realizar no club.

Rematadas as Ligas Masculina e Feminina de División de Honra sen disputar os play-offs

ESPECTÁCULO DAS NOSAS ABSOLUTAS FEMENINAS DH

11 DE XANEIRO/25

Gran xogo do noso equipo Feminino Absoluto, O terceiro encontro en disputarse foi en categoría Absoluta feminina de DH, onde os dous equipos invictos ata o momento deron un bo espectáculo con duas partes para cada equipo, primeiros dous cuartos onde as viguesas tomaron distancias e dous cuartos finais onde as locais apertaron os dentes e tentaron achegarse no marcador, a pesar dos esforzos locais, a vitoria caeu ao lado visitante por un 7-10 final

CRÓNICA 18 DE FEBREIRO 2023

Logo del Club Waterpolo Santiago

TRES DE CATRO ANTE O NAUTICO DE VIGO

De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros disputáronse nas instalación de Santa Isable ante o Real Club Naútico de Vigo, con vitorias do equipo absoluto masculino, absoluto femenino e infantil mixto, e unha derrota en categoría cadete mixta.

Xorana intensa e moi importante antes os vigueses que tanto en categoría absoluta masculina como en absoluta femenina se xogagan as súas opción na loita polo título de liga. A xornada deu comezo coa disputa do encontró en categoría absoluta masculina división de honra, encontró no que despois do primeiro cuarto con alternativas no marcador ó que se chegou con ventaxa local un gol arriba, os santiagueses conseguiron distanciarse no marcador no segundo cuarto, aumentando a súa ventaxa ata cinco goles no terceiro cuarto, para acabar mantendo a diferencia no último e definitivo cuarto, levándose o encontró por un resultado final de once a seis, que os fai seguir mantendo as opción intactas polo loita do título de liga.

O segundo enfrontamento foi en catergoría infantil mixta, donde os locais leváronse unha cómoda vitoria por doce goles a catro que lles fai seguir ó fronte da clasificación.

O terceiro encontró disputado foi en categoría cadete misxta, donde o noso cadete masculino pouco poido facer ante un dos favoritos polo título, caendo derrotados por un claro dous a dez.

Por último disputouse o encontró en categoría absoluta femenina, de novo partido moi importante xa que as locais tamén se disputaban seguir tendo opción de loitar polo título, partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, caendo de lado das locais por un resultado final de dez goles a oito.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO     11 – 6 (3-2; 4-2; 3-1; 1-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (1), RAFAEL E. RAMOS, ANDRES PEREZ (4), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (4), JESUS PEREZ, ANTONIO CAAMAÑO (1), CARLOS ORDOÑEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SAMUEL GONZALEZ

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA DIVISION DE HONRA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO    10 – 8 (0-1; 2-4; 4-2; 3-1)

CW SANTIAGO: IRENA ORDOÑEZ, ISABEL PEREZ (5), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (1), VICTORIA LANDEIRA, ARIANA COLLAZO (3), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (1), CECILIA COBAS

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO   2 – 10 (0-1; 2-2; 0-4; 0-3)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

Sábado 18 de febreiro de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO   12 – 4 (2-1; 3-0; 3-0; 2-1; 0-1; 2-1)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (1), ARIANA COLLAZO (3), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (2), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN (4), ALEXANDRE GONZALEZ (1), SOFIA PEREZ (1)

PRATA E BRONCE PARA O CW SANTIAGO

O club Waterpolo Santiago desplazouse a Ourense este pasado din de semana para disputar as Copas Galegas Maculina e Feminina.

Empezou o equipo masculino o sábado pola mañán disuptando os cuartos de final ante Coruña, partido que os santiagueses dominaron con tranquilidade, e que se levaron por un dez a oito final, que os metía en semifinais que debían disputar ante o anfitrión o Club Waterpolo Ourense, vencdor da primeira eliminatoria o mesmo sábado. Partido moi serio en defensa e con boa calidade en ataque, que lles deu a vitoria por un concluínte nove a dous, e lles daba o pase á final, donde debían enfrontarse ante o naútico de Vigo o domingo a tarde. Xan a final, os erros defensivos no primeiro cuarto fixolles ir por detrás no marcador dende o inicio, non se rendiron no empeño os santiagueses por remontar e intentar meterse de cheo de novo no partido, a punto estiveron con once a trece en contra a falta de dous minutos para o final, un home de máis podía haber colocado a un solo gol, pero o balón estrellouse no pau, e de ahí ata o final os vigueses souberon manter o balón deixando pasar os segundos para conseguir levarse a final.

Pola súa parte, o equipo femenino santiagués encuadrado no grupo B, debía disputar una liguilla antes waterpolo Coruña e naútico de Vigo, gañando as coruñesas por once goles a ses, tamén as viguesas venceron a Coruña, o que significaba que a xornada de tarde decidiría quen se enfrontaba o club waterpolo Pontevedra, ganador do grupo A. O partido ante o naútico de Vigo comezou coas compostelanas atenazadas en ataque, con moi pouco intensidade defensiva, o que provocou que as viguesas de despegaran no marcador con un tres a cero a metade do segundo cuarto, pero unha gran reacción compostelana levounas a remontar ata colocarse con un tres a cinto e catro a seis, que non souberon manter a ventaxa de dous goles, acabando o resultado final con empate de seis, que lle daba o pase a final as viguesas e a loito polo terceiro e cuarto posto ás santiaguesas. Xan a noita pola medalla de bronce, non tiveron problemas para ganar por un claro cartorce a un final.

COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

Sábado 4 de febreiro de 2023

1/4 de final

CW Santiago – CW Coruña   10 – 8

Semifinais

CW Santiago – CW Ourense 9 – 2

Final

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – RCN de Vigo. 11 – 13

CW SANTIAGO: Iago Garabato, Jorge Rodríguez, Rafael E. Ramos, Andrés Pérez, Antonio García, Pablo Piñeiro, Jesús Pérez, Antonio Caamaño, Carlos Ordóñez, Xandre Rodríguez, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Samuel González.

COPA GALEGA ABSOLUTA FEMININA

Sábado 4 de febreiro de 2023

Fase grupo B

– CW Santiago – CW Coruña 11 – 6

– CW Santiago – RCN de Vigo 6 – 6

3° y 4° posto

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – CW Lugo 14 – 1

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez, Laura Sanluis, Rosalía Rey, Victoria Landeira, Ariana Collazo, Irena Ordóñez, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert, Andrea Fernández, Sofía Pérez, Cecilia Cobas..

CRÓNICA 14 DE XANEIRO 2023

Logo del Club Waterpolo Santiago

DÚAS VITORIAS E UNHA DERROTA NO INICIO DE ANO

Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, tres encontros disputados nas instalacións de Santa Isabel ante o club waterpolo Pontevedra, con vitorias do equipo alevín mixto e absoluto de segunda división, e unha dura derrota en categoría masculina de división de honra.

A xornada deu comezo co encontro en categoría alevín mixta, levándose a vitoria os locais por un sete a catro final, despois de dominar durante todo o encontró, levando a cabo un bo traballo defensivo, estando moito máis acertados en ataque, os locais impuxéronse despois de adquirir unha vantaxe de dous goles no segundo cuarto que superon manter ata o final.

O segundo encontros disputado enfrontaba ós equipos B de ambos conxuntos, cunha vitoria para o CW Santiago de forma clara por trece a cinco, que os mantén ó fronte da clasificación. Partido moi serio en defensa donde os innumerables balóns roubados deron pé a contraataques e situacións claras de gol. Partido que xa ó descanso os locais chegaban cunha vantaxe de catro coles, que conseguiron aguantar e aumentar ata o resultado final.

Por último disputouse o encontro de división de honra masculina, donde os locais querían mander o liderato para seguir ó fronte da clasificación, un mal inicio dos locais moi pasivos en defensa e con moi pouco acerto en ataque, ademáis do acerto ofensivo dos visitantes, disparou o marcador ata un a seis que non anunciaba nada bo. Tremenda reacción dos locais que a mediados do segundo cuarto conseguiron empatar a seis, pero os erros defensivos fixo que os visitantes despegaran de novo e chegar ó descanso cunha vantaxe de dous goles. De novo os erros defensivos e a precipitación en ataque dos locais levounos a unha dura derrota por sete goles a trece. Peso a esto, siguen mantendo opción a gañar o título.


LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA

Sábado 14 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA     7 – 13 (3-6; 3-2; 1-3; 0-2)

CW SANTIAGO: PABLO MARTINEZ, JORGE RODRIGUEZ, JESUS PEREZ, ANDRES PEREZ (2), RAFAEL E. RAMOS, PABLO PIÑEIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), ALEJANDRO GOMEZ, CARLOS ORDOÑEZ, BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA (1), RAUL SEOANE

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION

Sábado 14 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA B     13 – 5 (4-1; 2-1; 4-3; 3-0)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ (3), EMMANUEL NIETO (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, JESUS PEREZ (3), BIEITO CARBALLO, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ (1), ANTONIO MOSCOSO (1), ANGEL RODRIGUEZ (1), GUILLERMO CARRILLO, RAUL SEOANE

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

Sábado 14 de xaneiro de 2023

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA MASCULINO   7 – 4 (0-0; 2-0; 2-2; 1-0; 1-1; 1-1)CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (1), NOA VIEITES (3), MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, IAGO PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (3), GABRIEL ULOD, GONZALO DE LA MATA, GAEL CAAMAÑO

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

ENTRENOS NADAL CW SANTIAGO 2022

Como cada ano veñen as festas de Nadal, datas nas que hai cambio de horario de entrenos para maior comodidade dos nosos deportistas e poidan gozar destas bonitas festas. A continuación detallamos os días e horarios de adestro

CATEGORIA INFANTIL/ ALEVIN/ BENXAMÍN

  • MARTES 27 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
  • XOVES 29 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
  • MARTES 3 DE XANEIRO DE 19H A 20H ‐SAR
  • MÉRCORES 4 DE XANEIRO 17.15H A 18.15H ‐ SAR

— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.
— OS ENTRENOS NORMAIS E HABITUAIS EMPEZASEN A PARTIR DO LUNS 9 DE XANEIRO


CATEGORIAS ABSOLUTAS/ XUVENIL / CADETE

  • LUNS 26 DECEMBRO
  • MARTES 27 DECEMBRO
  • MÉRCORES 28 DE DECEMBRO
  • XOVES 29 DE DECEMBRO
  • LUNS 2 DE XANEIRO
  • MARTES 3 DE XANEIRO
  • MÉRCORES 4 DE XANEIRO

— O HORARIO MANTENSE DE 21.30H A 23H

— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.

— Os ADESTRAMENTOS NORMAIS NO SEU HORARIO HABITUAL EMPEZASEN O LUNS 9 DE XANEIRO

¡¡¡DESDE O CLUB WATERPOLO SANTIAGO DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CRÓNICA 10 DE DECEMBRO 2022

Logo del Club Waterpolo Santiago

PLENO DE VITORIAS ANTE CN OVIEDO

Este pasado sábado, 10 de decembro, o Club Waterpolo Santiago desplazouse a terras asturianas para disputar una novena xornadas das ligas galegas de waterpolo. Balance positivo para os santiagueses que fixeron pleno de vitorias nos catro partidos desputados.

A xornada deu comezo coa desputa do encontro en categoría cadete entre o equipo ovetense e o equipo femenino santiagués, e foron as compostelanas as que se levaron o gato á auga, vencendo por un resultado de nove a catorce. Partido moi serio do equipo feminino que marcou o ritmo do encontro desde o inicio con una boa defensa, e moi acertadas en ataque. Sigue crecendo e conseguido obxectivos un equipo santiagués con moito futuro.

O segundo encontro en desputarse foi en categoría absoluta masculina de división de honta, partido cómodo para os santiagueses que dominaron no marcador desde o inicio, un primer cuarto de tanteo e despois de correxir no descanso non deron opción ós ovetenses levándose o encontró por un claro seis a vintetrés que lles mantén líderes ó fronte da clasificación.

O terceiro encontró foi en categoría absoluta feminina divisón de honra, donde as visitantes marcaron a pauta dende o primer cuarto, que cun parcial de un a oito deixou setenciado o encontró que se levaron por un rotundo nove a vintecatro final, con minutos para todas as xogadoras e suman a segunda vitoria da tempada.

Por último, desputouse o encontro entre ovetenses e o equipo compostelano masculino en categoría cadete, de novo vitoria para os visitantes por un concluínte sete a vintetrés,  outro encontró donde marcaron diferencias dende o comezo, e con minutos para os máis xóvenes e os que menos minutos despoñen noutros encontros.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CN OVIEDO – CW SANTIAGO FEMENINO  9-15 ( 1-3; 2-5; 2-5; 4-2 )

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Saray Guilbert (5), Candela Rubal (1), Uxia Uzal (1), Ariana Collazo ( 5), Xulia Garea, Irena Ordóñez (2), Emma Santamaría, Cira Sampayo, Alba María Castillo, Candela Espiña, Carlota Pérez.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA
DIVISIÓN DE HONRA

CN OVIEDO – CW SANTIAGO  6-23 ( 2-5; 0-6; 4-5; 0-7 )

CW SANTIAGO: Pablo Martínez, Jorge Rodríguez (1), Rafael Ramos (5), Andrés Pérez (1), Antonio García (3), Alejandro Gómez (11), Yago Díaz, Antonio Caamaño, Guillermo Carrillo, Sebastián Altamirano, Bruno Sampaño (2), Adrián Campaña.

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA
DIVISIÓN DE HONRA

CN OVIEDO – CW SANTIAGO  9-24 ( 1-8; 1-1; 3-9; 4-6 )

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez (6), Laura Sanluis (2), Rosalía Rey (4), Victoria Landeira (2), Ariana Collazo, Irena Ordóñez (2), Xulia Garea (1), Candela Rubal (1), Saray Guilbert (4), Andrea Fernández, Sara Iglesias (1), Cecilia Cobas (1).

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CN OVIEDO – CW SANTIAGO MASCULINO  7 – 24 ( 2-5; 2-8; 3-5; 0-5)

 CW SANTIAGO MASCULINO: Magín López, Bieito Carballo (2), Pedro Rubal (1), Artai Antelo (4), Bruno Pérez, Guillermo Carrillo (9),  Gabriel Balsa, Saúl Papin, Airas Caamaño (3), Rodrigo Carrillo.

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CRÓNICA 06 DE NOVEMBRO 2022

Logo del Club Waterpolo Santiago

DOBLE VITORIA ANTE CW CORUÑA

Novo desplazamento este domingo seis de novembro do Club Waterpolo Santiago a  Coruña para enfrontarse en tres encontros ante o Club Waterpolo Coruña. Cun  balance de dúas vitorias e unha derrota.

O primeiro encontro en disputarse foi en categoría cadete mixta, donde os coruñeses venceron ó cadete masculino santiagués  por un resultado de oito goles a cinco,  despois dun encontro igualado durante os dous primeiros cuartos que levou o  encontro a un tres a catro aó descanso longo, pero un mal terceiro cuarto dos composteláns deu vantaxe ós locais de goles que ampliaron a tres no último cuarto, pese ós esforzos por remontar dos visitantes para acabar o encuentro co citado oito a cinco  final.

O segundo encontro en disputarse foi en categoría Absoluta Feminina de División de Honra, encontro donde as compostelanas foron moi superiores ás locais, que solo  polos numerosos erros en ataque das visitantes conseguieon manter o resultado  igualado durante boa parte do encontro, pero un parcial de dous a cinco no cuarto  final das santiaguesas estirou o marcador ata un merecido nove a catorce final que  lles da a primeira vitoria da tempada despois de dúas derrotas.

Por último, disputouse o encontro de segunda división masculina cos equipos B de  ambos conxuntos,  con vitoria cómoda dos visitantes que mandaron no marcador  desde o inicio e que despois de ir ampliando o marcador en cada parcial venceron  por un cómodo sete goles a doce.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CW CORUÑA – CW SANTIAGO MASCULINO.  8-5 (1-1; 2-3; 3-0; 2-2)

CW SANTIAGOMagín López, Bieito Carballo, Pedro Rival, Nicolás Collazo (2),  Sebastián Altamirano (2), Artai Antelo (1), Antón Fagundez, Bruno Pérez, Guillermo  Carrillo, Gabriel Balsa, Saúl Papin

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA 
DIVISIÓN DE HONRA

CW CORUÑA – CW SANTIAGO      9-14 (0-2; 3-2; 4-5; 2-5) 

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez (5), Laura Sanluis, Rosalía Rey (5), Victoria  Landeira, Ariana Collazo, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert (2),  Andrea Fernández, Sara Iglesias, Cecilia Cobas (2)

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2° DIVISIÓN

CW CORUÑA “B” – CW SANTIAGO “B”     7-12 (1-4; 1-2; 3-4; 2-2)

CW SANTIAGO BRoberto Carro, Carlos Ordóñez (1), Emmanuel Nieto (1), Nicolás  Collazo, Fernando Ferrer (3), Jesús Pérez (1), Iago Fernández, Samuel González (4),  Yago Díaz (1), Antonio Moscoso (2), Ángel Rodríguez, Pablo Felez, Raúl Seoane.

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CRÓNICA 29 DE OUTUBRO 2022

Logo del Club Waterpolo Santiago

DOBRE VITORIA SANTIAGUESA ANTE WATERPOLO CORUÑA

 

 Este pasado sábado 29 de outubro, o CW Santiago disputou como local na piscina de Santa Isabel un triple enfrontamento ante o waterpolo Coruña, cun balance de dúas vitorias (Absoluta Masculina División de Honra e Infantil Mixta) e unha derrota do equipo cadete femenino.

A xornada deu comenzo co enfrontamento en categoría cadete entre ambos equipos, donde a pesar de ter bos momentos de xogo un mal parcial no segundo cuarto, donde as numerosas pérdidas de balón das santiaguesas propiciaron goles fáciles dos visitantes. Pese o resultado final de nove a dezanove, as locais tiveron moitas fases de xogo de equipo e situacións traballadas que lles están facendo crecer como equipo.

O segundo enfrontamento disputouse en categoría Infantil Mixta, donde o maior ritmo de xogo dos locais deulles unha vitoria clara por dezaseis goles a catro, dando minutos de xogo a tódolos xogadores que menos minutos teñen.

Por último, disputouse o encontro en categoría Absoluta Masculina de División de Honra, donde un gran inicio dos santiagueses, cunha gran e intensa defensa, creando e anotando numerosas situación de gol, distanciaronse no descanso cun resultado favorable de oito a cero que prácticamente cerraba o encontro. Pese a elo seguiron traballando ben en ataque, pero a relaxación defensiva deu oportunidade ós visitantes de maquillar o marcador chegando o final do encontro cun resultado final de dezaoito a oito, evidenciando a superioridade local.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 
 DIVISION DE HONRA

SABADO 29 DE OUTUBRO DE 2022

  • CW SANTIAGO   – CW CORUÑA        18- 8 (5-0; 3-0; 5-3; 5-5)

       CW SANTIAGO MASCULINO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ, CARLOS ORDOÑEZ, ANDRES PEREZ (2), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (2), YAGO DIAZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), ALEJANDRO GOMEZ (3), XANDRE RODRIGUEZ (6), BRUNO SAMPAÑO, SAMUEL GONZALEZ, ROBERTO CARRO

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

SABADO 29 DE OUTUBRO DE 2022

  • CW SANTIAGO FEMENINO – CW CORUÑA      9 – 19 (1-3; 1-8; 4-5; 3-3)

CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZSARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL (2), UXIA UZAL, ARIANA COLLAZO (2), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (2), EMMA SANTAMARIA, CIRA SAMPAYO, ALBA MARIA CASTILLO, CANDELA PEÑA, NOA VIEITES, IRENE PRADA

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

SABADO 29 DE OUTUBRO DE 2022

  • CW SANTIAGO   – CW CORUÑA    18 – 4 (3-0; 3-1; 6-0; 1-0; 2-2; 3-1)

             CW SANTIAGO:  CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA (1), CARLOTA PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (3), ARIANA COLLAZO (4), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (7), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN (2), ALEXANDRE GONZALEZ (1), MARIA ROMERO

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña