DUELO FRATICIDA DOS NOSOS ALEVÍNS A y B

18 de Xaneiro /25

VÍCTORIA DO (CW SANTIAGO)

Duelo fratricida o sábado entre os dous equipos alevíns. O equipo ¨A¨ venceu, non sen apuros, ao equipo ¨B¨ por un resultado final de 11-7. Por outra banda,o equipo alevín ¨B¨ de primeiro ano non deixou de pelexar ata o ultimo minuto do partido, parabéns a ambos.

CRÓNICA 14 DE XANEIRO 2023 Piscina Municipal de Riazor

Logo del Club Waterpolo Santiago

O CW SANTIAGO SUBCAMPEON ALEVIN
E CAMPEON BENJAMIN

   Este pasado sábado disputouse nas piscinas de riazor na Coruña os campeonatos galegos alevín e benxamín de inverno con unha excelente actuación dos equipos do club waterpolo Santiago, que conseguiron o sub-campionato en categoría alevín, despois de gañar en cuartos ó anfitrión, o waterpolo Coruña por cinco goles a tres, en semifinais o club Marina Ferrol por seis goles a cinco, e caeu derrotado na gran final ante o Náutico de Vigo, non sen loitar e estar en todo momento cerca no marcador para acabar caendo derrotado por sete goles a cinco. Pese a la derrota final, gran actuación dos santiagueses que souberon sobrepoñerse ás baixas e loitaron ata a extenuación conseguindo un magnífico resultado.

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE INVERNO

CUARTOS DE FINAL   CW CORUÑA – CW SANTIAGO  3 – 5

SEMIFINALES              CW SANTIAGO – CM FERROL     6 – 5

FINAL                           CW SANTIAGO – RCN DE VIGO   5 – 7

CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO, NOA VIEITES, MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, IAGO PEREZ, AIRAS CAAMAÑO, GABRIEL ULOD, GONZALO DE LA MATA.

  Pola súa parte tamén disputaron o seu campionato de inverno os máis pequenos do club,os nosos benxamíns. Os santiagueses presentábanse con dous equipos dada a cantidade de xogadores de base e que iniciaron este ano os adestramentos cos santiagueses. Gran actuación de ambos conxuntos que se enfrentaban a dous equipos de Pontevedra tamén. O equipo A santiagués gañou sen problemas ó equipo B pontevedrés, ó que venceu por un claro oito a cero na primeira semifinal e dáballe o pase a gran final da tarde. Pola súa parte o equipo B santiagués deu a sorpresa ó vencer o equipo A de Pontevedra, nun duelo non apto para cardíacos que caeu para os santiagueses na morte súbita, despois de chegar a final do encontro con empate a dous. Xogouse unha prórroga donde os santiagueses conseguiron marcar e finalizar gañando o encontro que lles daba o pase a final, e un enfrentamento entre os dous equipos santiagueses.

Xa pola tarde a gran final caeu do lado do equipo A santiagués que venceu por un cómodo dez a cero a un equipo B santiagués que notou o gran esforzo realizado na semifinal. Aínda así, magnífico resultado para os santiagueses, que da conta do gran traballo que se está realizando na canteira compostelana.

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN DE INVERNO

1º SEMIFINAL        CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA B   8 – 0

2º SEMIFINAL        CW PONTEVEDRA A – CW SANTIAGO B   2 – 3

FINAL                      CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B      10 – 0

CW SANTIAGO “A”: MARTIN BARREIRO, ISAAC PAPIN, SOFIA UZAL, IVAN VIEITES, GAEL CAAMAÑO, LUCAS VAZQUEZ, ANDREA GONZALEZ

CW SANTIAGO “B”: XURXO CARRACEDO, ENZO MERA, DANIEL SUAREZ, THIAGO SANCHEZ, RODRIGO CONSEIL, CARMELA BARREIRO, XIANA CARBALLO, DANIEL HERNANDEZ

CAMPIONATO DE INVERNO BENXAMIN

CW SANTIAGO “A”



DIA: SABADO 21 DE XANEIRO
PARTIDO: 1º PARTIDO CW SANTIAGO A -CW PONTEBEDRA B 11:30hr
2º PARTIDO RCN VIGO – CW SANTIAGO A 12:30 hr
3º PARTIDO, HORARIO EN FUNCION DOUS RESULTADOS
PISCINA RIAZOR, A CORUÑA
DESPRAZAMENTO: 8:15 EN BUS, DENDE SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. MARTIN BARREIRO
  2. ANDREA GONZALEZ
  3. IVAN VIEITES
  4. ISAAC PAPIN
  5. LUCAS VAZQUEZ
  6. GAEL CAAMAÑO
  7. SOFIA UZAL
  8. CARLOTA FAGUNDEZ

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL
E 15 € PARA A COMIDA

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CAMPIONATO DE INVERNO BENXAMIN

CW SANTIAGO “B”



DIA: SABADO 21 DE XANEIRO
PARTIDO: 1º PARTIDO CW PONTEVEDRA A – CW SANTIAGO B, 11:50
2º PARTIDO, HORARIO EN FUNCION DO RESULTADO
PISCINA RIAZOR, A CORUÑA
DESPRAZAMENTO: 8:15 EN BUS, DENDE SANTA ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. ENZO MERA
  2. XURXO CARRACEDO
  3. DANIEL SUAREZ
  4. THIAGO SANCHEZ
  5. RODRIGO CONSEIL
  6. CAMELA BARREIRO
  7. MANUEL BARREIRO
  8. XIANA CARBALLO
  9. DANIEL HERNANDEZ

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL
E 15 € PARA A COMIDA

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

CRÓNICA 17 DE DECEMBRO 2022

DOBLE VITORIA ANTE PONTEVEDRA

          Última xornada do ano a disputada nas piscinas de Santa Isabel este sábado dezasete de decembro para os equipos do club waterpolo Santiago, cun balance positivo para os compostelanos, con dúas vitorias, benxamín e master, e unha derrota do cadete feminino, todas elas ante o club waterpolo Pontevedra.

O primeiro encontro en disputarse foi en categoría benxamín, donde facían o seu debut esta tempada os máis pequenos do club. Gran partido dos locais que venceron por un claro dez a cero ós de lerez, dando unha gran imaxen e demostrando que hai una gran base e futuro dos composteláns, que mostraron unha gran imaxen de equipo.

O segundo encontro disputouse en categoría cadete mixta donde as nosas cadetes femininas, pese a derrota por dous goles a trece, nunca lle perderon a cara ó partido, e como en cada encontro que disputan siguen demostrando a súa gran actitude e loita ante equipos superiores físicamente, demostrando que siguen crecendo como equipo en cada partido.

Por último disputouse o encontro de Segunda división masculina entre o equipo master santiagués e o equipo B pontevedrés, con vitoria para os locais, non sen sufrimento despois dun partido moi igualado, e que se decidiu no último cuarto, donde os locais coun parcial de seis a tres estiraron o marcador ata o definitivo dezaseis a doce finais.

LIGA GALEGA ABSOLUTA
MASCULINA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO MASTER — CW PONTEVEDRA B    16 – 12 (2-1; 1-1; 3-3; 3-1)

CW SANTIAGO: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), JORGE LAREU, DANIEL GARCIA (2), FRANCISCO COLLAZO (1), RAFAEL E. RAMOS (4), BRAIS RAPOSO (3), MATEO RAPOSO (2), JAVIER GARCIA, DANIEL TOME, MIGUEL ANGEL BARCA (1), ADRIAN PONTE (1), PEDRO P. BERNARDEZ (1)

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CW SANTIAGO FEMENINO — CW PONTEVEDRA    2 – 13 (0-5; 2-3; 0-3; 0-2)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (1), CANDELA RUBAL, NOA VIEITES, XULIA GAREA (1), IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA, CIRA SAMPAYO, ALBA MARIA CASTILLO, CARLOTA PEREZ, IRENE PRADA

LIGA GALEGA BENXAMIN MIXTA 

CW SANTIAGO — CW PONTEVEDRA   10 – 0 (3-0; 2-0; 0-0; 3-0; 2-0; 0-0)

CW SANTIAGO: MARTIN BARREIRO, ISAAC PAPIN (3), IVAN SANCHEZ (1), DANIEL SUAREZ, IVAN VIEITES (1), LUCAS VAZQUEZ (1), XIANA CARBALLO, GAEL CAAMAÑO (2), ANDREA GONZALEZ (2), CARMELA BARREIRO

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

ENTRENOS NADAL CW SANTIAGO 2022

Como cada ano veñen as festas de Nadal, datas nas que hai cambio de horario de entrenos para maior comodidade dos nosos deportistas e poidan gozar destas bonitas festas. A continuación detallamos os días e horarios de adestro

CATEGORIA INFANTIL/ ALEVIN/ BENXAMÍN

  • MARTES 27 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
  • XOVES 29 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
  • MARTES 3 DE XANEIRO DE 19H A 20H ‐SAR
  • MÉRCORES 4 DE XANEIRO 17.15H A 18.15H ‐ SAR

— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.
— OS ENTRENOS NORMAIS E HABITUAIS EMPEZASEN A PARTIR DO LUNS 9 DE XANEIRO


CATEGORIAS ABSOLUTAS/ XUVENIL / CADETE

  • LUNS 26 DECEMBRO
  • MARTES 27 DECEMBRO
  • MÉRCORES 28 DE DECEMBRO
  • XOVES 29 DE DECEMBRO
  • LUNS 2 DE XANEIRO
  • MARTES 3 DE XANEIRO
  • MÉRCORES 4 DE XANEIRO

— O HORARIO MANTENSE DE 21.30H A 23H

— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.

— Os ADESTRAMENTOS NORMAIS NO SEU HORARIO HABITUAL EMPEZASEN O LUNS 9 DE XANEIRO

¡¡¡DESDE O CLUB WATERPOLO SANTIAGO DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña